Acerca Del Alma: Aristoteles

Páginas: 20 (4836 palabras) Publicado: 21 de enero de 2013
A TEORÍA ARISTOTÉLICA DA ALMA INTRODUCCIÓN. No mundo grego clásico atopamos dúas formas diferentes de entende−la alma: Unha é como aquello que nos permite alcanza−lo coñecemente e a ciencia, aquello que nos acerca ós deuses e nos diferencia do resto dos seres (incluidos os animais). Isto é a alma como principio de racionalidade. A outra forma de entendela é como aquello que se atopa nos sersevivos, gracias ó cal, ditos seres son capaces de realizar as actividades vitais, e diferéncianse por isto dos seres puramente inertes. Esta é a alma como principio de vida. Tódolos filósofos gregos aceptaron estas dúas dimensións na alma humana, pero uns subrayaron un aspecto e outros o outro. Na doctrina de Platón, por exemplo, destaca a primeira dimensión. Platón defendeu sobre todo na súa teoría ocarácter divino e inmortal da alma humana. Este consideraba a alma separable e separada do home de carne e oso, e a súa teoría seguía un camiño que ven poderiamos chamar relixioso. O famoso dualismo platónico do mundo material / mundo inmaterial afondaba na antropoloxía a contraposición corpo / alma, ata o punto de considerar a alma como unha habitante orixinaria do mundo inmaterial, e o corpocomo a súa cárcere. Aristóteles en cambio vai subraya−la sengunda forma, e propón a cuestión da alma de unha maneira radicalmente diferente a doctrina platónica. Este desenténdese de todo o ámbito relixioso que envolvía o tema, e no tratado aristotélico acerca da alma, onde aborda esta difícil cuestión, é o biólogo, ou mellor dito, o filósofo da vida o que se pregunta pola alma. O obxeto dapsicoloxía (termo que deriva da palabra grega psyche) é para Aristóteles non só a natureza superior do ser humano, senón todo o ámbito da vida, pois todo o que ten alma ten vida, e viceversa. ¿Qué é, entón, exactamente a alma? LIBRO I O tratado Aristotélico sobre a alma comeza, como é habitual no Estagirita, cun capítulo que resume tódalas preguntas que deberemos respostar e tódalas custións nas quedeberemos afondar para chegar á súa definición mais exacta posible. Despois de precisar estas cuestións a debatir que propón no primeiro capítulo do tratado, Aristóteles céntrase na descripción, reflexión e crítica de tódalas teorías acerca da alma feitas por outros filósofos do seu tempo, os que Aristóteles denomina como os meus predecesores. Aristóteles disponse a repasar estas teorías poñendoatención naquelo que os pensadores toman como a esencia da alma, e dase de conta de que moitos de eles opinan que a característica primordial, a mais importante que a alma posúe e a do movemento: tanto o movemento que ela posúe por si mesma como o movemento do que dota os seres corporais que a posúen. Nesta liña desenrólanse doctrinas como a Pitagórica, o pensamento de Demócrito e de Anaxágoras (no que aprincipal diferencia entre os dous filósofos é que o primeiro, Demócrito, cree que alma e intelecto son a mesma cousa, e Anaxágoras opina que son cousas diferentes), de Alcmeón, Leucipo ou Tales de Mileto. Aínda que con algunhas diferencias nas súas teorías, todos eles tratan ó MOVEMENTO como a esencia da alma. Tamén comenta a opinión de outros pensadores remitíndose a cuestións diversas, como oproblema da 1

composición da alma, onde as posturas sobre o tema distan moito unhas de outras. Empédocles, por exemplo, propón que a alma está composta de tódolos elementos, sendo cada un deles almas en si. Da mesma forma, platón describe a orixe da alma na súa obra Timeo, no que tamén constrúe a alma a partir dos elementos. Tamén oubo pensadores que identificaron a alma cun elemento enparticular, como Demócrito, que di que esta é lume, ou unha especie de elemento candente; Diógenes, o cal afirma que é aire, xa que é algo incorpóreo; Hipón, que defende que a alma é auga en relación a humedade do semen en todos animais, ect... Non hai ningun que identifique á terra como esencia da alma. O filósofo Critias, pola súa parte, defende outra característica da alma como esencia de esta: o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Aristoteles: acerca del alma
  • ensayo acerca del alma de aristoteles
  • Acerca de alma. Aristoteles
  • acerca del alma
  • Acerca Del Alma, Aristoteles
  • Aristoteles: acerca del alma
  • Acerca del alma- aristoteles
  • Acerca Del Alma. Aristoteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS