africanas

Páginas: 3 (611 palabras) Publicado: 14 de enero de 2015
O emprego de métodos de branqueamento da pel por parte de mulleres africanas denota o odio que estas senten cara a si mesmas como consecuencia do trauma poscolonial, é dicir, do impacto negativo quesufriron as poboacións indíxenas deses países, especialmente as mulleres, ao seren colonizados por outras nacións máis ricas e avanzadas, que ocuparon o seu territorio, os dominaron e lles roubaronos seus recursos, o que pouco a pouco as levou a identificar uns determinados trazos raciais, aspecto ou idioma con pertencer a unha clase social superior á que desexaban asemellarse.
Eu coido quehoxe en día as mulleres, aínda que non tanto como no pasado, continúan seguindo os ditados da moda en maior medida que o outro sexo, aínda que cada vez máis homes se preocupan polo seu aspecto, posto quenos achegamos paulatinamente á igualdade entre sexos, e a presión do mercado e da publicidade afecta case tanto a homes coma a mulleres. As mulleres, tradicionalmente, como consecuencia da situaciónsubordinada aos homes que padeceron no pasado, tenderon a preocuparse máis pola aparencia exterior: maneira de vestir, peitearse ou maquillarse, etc. Hoxe en día, podemos dicir que esta fase de“muller-obxecto” está practicamente superada. No entanto, a presión social, segue a ser moito máis forte para as mulleres, que a pesar de estaren cada vez máis incorporadas ao mercado do traballo, non por isodeixan de sentirse na obriga de representar un modelo de muller perfecta que non só ten que ser eficiente no traballo e asemade ocuparse da familia e da súa casa, senón que tamén son valoradas poloseu aspecto, é dicir, que deben responder a un determinado ideal de beleza (nalgúns casos, levándoas a someterse a tratamentos de rexuvenecemento ou a cirurxías estéticas) e preocuparse pola súaaparencia.
Coido que isto é consecuencia de que vivimos nunha sociedade cada vez máis competitiva e superficial, na que, para ser aceptado socialmente, tes que estar ‘á última’, seguindo a moda e as...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Africanismo
  • Africanismos
  • africana
  • AFRICANOS
  • Los Africanos
  • Africanos-..
  • Africanismo
  • africanos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS