Animacion á lectura na escola

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 17 (4126 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 6 de febrero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
1. Contextualización: Este proxecto de animación a lectura, forma parte fundamental do traballo que realicei en Prácticum II, no colexio CEIP Sto Estevo de Parga, no curso escolar 2011/2012, levado a cabo con 10 nenos e nenas de 5 anos. O centro, está situado nun pobo rural da provincia de Lugo, que vive fundamentalmente da actividade agrícola e gandeira. Ten unha matrícula moi baixa, posto queconta con 51 alumnos matriculados, 9 mestres entre especialistas e o de relixión, unha conserxe e unha cociñeira. A aula, está ordenada por recunchos de xogo, entre os que se encontra a biblioteca, onde se poden atopar contos de diversa índole: con letra ou sen letra, grandes e pequenos en canto a formato, de tela ou de cartón… polo que os nenos e nenas desta aula, están moi familiarizados coscontos.

2. Fundamentación teórica: 2.1. Importancia da lectura nas primeiras idades: Na sociedade actual, é de máxima importancia o fomento da lectura, debido ó papel que xoga o texto escrito a partir das novas tecnoloxías, e a perda progresiva da cultura oral do noso país. Por iso, é necesario, levar a cabo dende as escolas, programas que, ademais de ensinar a ler ós máis pequenos, propicien unhábito lector, que mellore as relacións co medio que o rodea. Polo tanto, deberanse conseguir lectores competentes, que sexan capaces de descodificar textos e emitir xuízos críticos sobre o tema lido, e poder adquirir coñecementos a partir de toda esa información da que dispoñemos a través da rede, rexeitando todos os datos que non son de interese ou que consideramos que non son realmente fiables.Así, a partir dos libros ou contos que lemos dentro da aula ou nos fogares, axudamos ó neno proporcionando gran cantidade de vocabulario, valores e por suposto, a capacidade de comezar a comprender e reflexionar, mediante d iversas historias

1

fantásticas, facendo xuízos sobre o que ocorre ós personaxes reflectidos na narración, ou mediante os contos ilustrados, a prestar atención e crear elesmesmos a propia historia. De este xeito, debemos conseguir que o neno observe, analice o que estamos a ler, recorde o que se conta na historia, saque as súas propias conclusións e reflexione sobre o tema que se está a tratar no momento e a partir das conclusións que sacou previamente. Os contos, tamén abren para o neno, novas portas a mundos imaxinarios, polo que debemos familiarizalos coslibros, e polo tanto, no momento inicial, cos contos, e aportar momentos de deleite coa narración ou, cando menos, coa lectura de contos adaptados e acordes á idade do alumnado. De este xeito, axúdase ó desenvolvemento da linguaxe, da intelixencia, da comprensión lectora, da creatividade, a súa personalidade e a promoción da súa autoestima. Polo tanto, é de suma importancia que o conto debe fascinar óneno, tocando o propio interior do neno, para motivalo a crear as súas propias historias, tanto escritas como narradas de forma oral, para espertar e fomentar a creatividade do neno. A pesar disto, a tradición de contar historias no fogar, está en declive, inda que o conto oral exerce un influxo moi forte sobre o neno, debido ó misterio da palabra, que se substitúe pola televisión. 2.2. Os contos:Os contos, son principalmente unha obra de arte que nos permiten ensinar ós nenos diversos temas de interese, e de forma que eles logren entendelo, sen necesidade de moito esforzo, xa que se poden crear historias para explicar, dende a creación da terra ata a conversión dun verme nunha bolboreta, ou as diferentes culturas existentes no mundo. Antonio Ventura en La importancia de leer en casa decíaasí: “Cuando una maestra de educación infantil está contando un cuento a sus alumnos, no solo está relatando una historia divertida o triste, está enseñando conceptos que tienen que ver con la lengua, procedimientos que atañe n al proceso de comprensión y unos valores determinados contenidos en el libro.”

2

Ademais, o conto serve como método de alfabetización para o neno, a partir da...
tracking img