Arte

Páginas: 8 (1942 palabras) Publicado: 5 de enero de 2011
ARTE PALEOCRISTIÁN
1. ARTE PALEOCRISTIÁN
a. CONTEXTO HISTÓRICO
O cristianismo como doutrina posuía todo o que favorecía o éxito dos cultos orientais: o poder de emoción que se desprendía da morte e resurrección de Cristo; unha ensinanza moral; a promesa de salvación dos sustos; cerimonias que actuaban sobre a sensibilidade dos fieis; ofrecíase a todos, aínda mulleres e nenos; seniniciación complicada, cun dogma sinxelo para os humildes e, sen embargo, capaz de satisface-las aspiracións dos intelectuais. Predicaba unha idea de redención e vida eterna, liberdade, igualdade e esperanza que supuña unha oposición ás bases políticas, económicas e relixiosas da época e, en definitiva, á forma de vida romana: divinización da institución imperial. Valoraba o traballo ó considerar quedignificaba ó home e non era, como na Antigüidade, un mal necesario reservado ós servos e escravos; proclamaba a igual dignidade do escravo e do home libre (minando o sistema escravista romano). Non admitía o politeísmo e denunciaba o vicio espiritual e a degradación dos costumes.
A marxinación e situación social que padecías as grandes masas humildes e desherdadas que se amoreaban nos núcleosurbanos determinaron a aceptación da nova crenza, que supuña para elas a única posibilidade de esperanza e de igualdade. A organización administrativa e viaria do Imperio facilitou a rápida difusión da nacente relixión por toda a conca mediterránea.
Dado este contexto histórico é doado comprende-lo carácter clandestino que tivo esta doutrina, e polo tanto tamén das súas manifestacións artísticas.Pero esta situación non se mantivo sempre: no ano 313 Constantino publicou o Edicto de Milán, que supuxo a legalización do cristianismo. Esta data permite establecer dúas etapas: unha primeira na que todo se facía en función de non ser descubertos, dada a situación de ilegalidade e persecución; e unha segunda na que a arte cristiá pode manifestarse á luz e inicia un proceso de institucionalizaciónque culmina no 380 co Edicto de Tesalónica, en tempos de Teodosio, que representa o triunfo definitivo da Igrexa e a súa alianza co Estado.
A Arte Paleocristiá constitúe, na Historia de Occidente, a primeira expresión artística de valor universal e que senta as bases de tódalas futuras manifestacións da arte de Occidente, poñendo en contacto o mundo oriental e occidental, pero prevalecendo aunidade ideolóxica sobre a pluralidade xeográfica e a historia.
Na súa primeira etapa o cristianismo tivo unha clientela urbana, pobre e inculta, que tivo que aprende-los novos contidos da súa relixión, pero dun modo oculto. O artista tivo que atenerse á seguinte regra: que a súa obra nin lle delate nin lle descubra e que a súa creación cumpra unha función docente.
Tralo edicto de tolerancia esobre todo tras converterse nun arte oficial, do estado e dos círculos cultos, supera a tosquedade inicial usando agora artistas cualificados e programas iconográficos máis completos.
b. ARQUITECTURA
Antes do 313 non podemos falar dunha auténtica arquitectura cristián:
As casas de oración común, que só se diferenciaban das comúns pola existencia no interior dunha gran sala alongada cunespazo acoutado ó fondo por columnas e decorado.
As Catacumbas, que soían ser antigas canteiras abandoadas empregadas como necrópoles subterráneas. Estaban constituídas por galerías longas e estreitas (ambulacra), en cuxas paredes abríanse nichos rectangulares (loculi), que as veces formaban cámaras (cubícula), con lucernarios ou chemineas de ventilación; algúns nichos presentaban forma de arco comosímbolo do triunfo sobre a morte (arco solio).
Dende que o Edicto de Milán liberalizou a arte cristián o cristianismo tratou de adapta-los elementos da civilización que lle rodeaba. O templo romano, concibido como casa do Deus (Domus Dei), non servía ó cristianismo xa que o templo cristián é, ademais, un lugar de asemblea (ecclesia); o edificio romano máis achegado á sala de asembleas era a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • arte por arte
  • DE TU ARTE A MI ARTE
  • arte o no arte
  • Arte
  • Arte
  • Arte
  • Arte
  • Arte

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS