Autodeterminacion y ordenacion del territorio

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 19 (4559 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 3 de mayo de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Autodeterminacion e ordenacion do territorio

A Carta europea de 1983 define a ordenación do territorio como a expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda sociedade; sobre ela construise a planificación do territorio e do litoral, do urbanismo e a vivenda, nas condicions concretas dunha sociedade, e tem unha importancia decisiva para o seu desenvolvimento eintregacion.
O caso galego é un exemplo de cómo unha ordenacion do territorio feita á medida da division social do traballo no Estado Español favoreceu a desintegracion social, a emigracion e a dependencia. De feito, este debate non existira –ou tería outros eixos- se Galiza tivera a poboacion que lle correspondería sen emigracion, perto dos 5 millons, e non os 2.7 millons atuais. Habériaproblemas, mas non serían estos.
A aposta da atual Xunta segue os mesmo critérios do pasado, favorecendo as tendências centralizadoras do Estado Español e, poren, desintegradoras socialmente, côa pretension de concentrar a poboacion e tres grandes áreas (A Coruña, Vigo e Compostela), utilizando como ferramenta o polémico AVE - en realidade un Tren de Altas Prestacions, que esta a liquidar calquerposibilidade dun camiño de ferro integrado nas necesidades da sociedade galega-.
O que esta a acontecer non é máis que a continuidade dunha division do traballo imposto desde ha seculos, na que Galiza aparece como exportadora de man de obra e de materias primas. E ainda que nos últimos anos xurdiran empresas e multinacionais que semellan contradecir esta situacion, o feito é que para o Estado Español,Galiza é o que foi sempre: materias primas e man de obra.
Mais é evidente que a situacion obxectiva mudou, e hoxe ven atravesada por unha triple contradicion: unha economia que xa é urbana e industrial, sede de multinacionais como Inditex, Calvo, Pescanova, San Jose, etc., unhas estruturas alleas e construidas ao servizo dunha Galiza que só emigraba ou exportaba materias primas, e que agoraexporta tamen manufacturas e capital, e un poder municipal e provincial que non quere perder a súa forza e capacidade de presion, e que é herdeira das vellas estruturas caciquis.
O plan da Xunta bipartita é a de aforrar os custes nas concesions de servizos, e em vez de partir da realidade actual, ainda que caótica pólos anos de retraso que levam em encarar a ordenacion do território axeitada, querenmudar a situacion, nunha crise economica moi profunda, na que os investimentos do estado em infra-estruturas destinase a resgatar ás grandes empresas da construccion.
Poren, a ordenacion do território como “a expresión espacial da política económica, social, cultural e ecolóxica de toda sociedade”, sobre a que planificar o desenvolvemento social non é unha das preocupacions, nin da burguesiagalega, nin, por suposto, da Xunta: o conselleiro Mendez Romeu xá aprazou ata as calendas gregas a constitucion das áreas metropolitanas. De feito esta política coincide côa carreira de todos os partidos a ver que é maior defensor do AVE. Para eles o prioritário son as grandes obras infraestructurais como a Cidade da Cultura, onde enterrar centos de millons de euros, o TAV/AVE ao servizo dasnecesidades dos executivos das empresas e o turismo, ou o Porto Exterior da Coruña, para mellor beneficio da veciña Refineria de Repsol.

A orixe do problema administrativo

Na primeira metade do seculo XIX foi cando, desde o estado, instauro se a division territorial actual. Dividiuse Galiza en quatro provincias artificiais, que non respostaban a nengunha necesidade real da sociedade, senon aimposicion do modelo central, unificador “das Españas”. De feito, esta medida provocou o primeiro levantamento armado na Galiza desde as revoltas irmandiñas, o “provincialismo”, que defendía a creacion dunha ùnica provincia, mantendo asi a unidade territorial galega.
Xa choveu desde aquela, e as “provincias” seguen a ser, a través das Diputacions, un elemento máis do que define a ordenacion do...
tracking img