Bases da convocatoria

Páginas: 8 (1827 palabras) Publicado: 20 de marzo de 2012
Bases da convocatoria da subvención para clubs sen ánimo lucro.
Este documento reflicte información básica da convocatoria de axudas, co obxectivo de facilitar, ás posibles entidades beneficiarias, a tramitación da súa solicitude.
Non é substitutivo do texto publicado no DOG nº 244, do 23 de decembro de 2011.

1. OBXECTO DAS SUBVENCIÓNS:
Estas subvencións teñen por finalidade o fomento e apromoción do deporte galego no seu ámbito deportivo-competitivo e no do deporte en idade escolar.
Teñen por obxecto financiar os gastos derivados da participación por parte das entidades e clubs en competicións de carácter oficial no ano 2011. No que respecta ás agrupacións deportivas escolares, financiaranse os gastos acometidos pola participación na campaña de deporte escolar da Secretaría Xeralpara o Deporte (programa Xogade).

2. PODERÁN SER BENEFICIARIOS:
a. Clubs Deportivos.
b. Sociedades Anónimas Deportivas.
c. Agrupacións Deportivas Escolares participantes no programa XOGADE.

3. AXUDA MÁXIMA POR BENEFICIARIO:
a. Clubs Deportivos e S.A.D.: a axuda máxima será inferior aos 30.000 €.
b. Agrupacións Deportivas Escolares: a axuda máxima establécese en 15.000 €.

4.PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
a. Presentarase unha única solicitude por entidade. As entidades que participen en
actividades deportivas de máis dunha federación deportiva, e desexen recibir subvención pola actividade desenvolvida en cada unha delas, deberán reflectir, na instancia de solicitude, cada unha das federacións nas que desenvolve a súa actividade deportiva.
b. As solicitudes dirixiranse aosservizos provinciais da Secretaría xeral para o deporte.
_ A Coruña: Praza de Agustín Díaz, 1. 15008 A Coruña
_ Lugo: edificio administrativo. Ronda da Muralla, 70-1º. 27071 Lugo
_ Ourense: Avda. de La Habana, 79-4º. 32004 Ourense
_ Pontevedra: Rúa Fernández Ladreda, 43-5º. 36003 Pontevedra
c. A data límite para a presentación de solicitudes é o 23 de xaneiro de 2012.
d. Documentación apresentar:
_ Instancia de solicitude (anexo II).
_ Declaración doutras axudas (anexo III).
_ Declaración de axudas de minimis -só no caso das S.A.D.- (anexo VIII).
_ Copia do CIF
_ Copia do DNI do presidente no caso de non autorizar, á Secretaría Xeral para o Deporte, a consulta dos seus datos. A autorización faise no anexo II.
e. ¿Cómo presentar a solicitude?
_ A instancia de solicitude deberácubrirse na web www.deportegalego.es
_ Unha vez cuberta deberá imprimirse e, xunto co resto de documentación, presentarase nos Servizo provinciais da Secretaría Xeral para o Deporte.
Axudas a Clubs, SAD e Agrupacións Deportivas | Ano 2011. INFORMACIÓN BÁSICA Páxina 2 de 3

5. INSTRUCIÓN DO PROCEDEMENTO:
a) Recibidas as solicitudes, de ser necesario, haberá un prazo no que se requerirá ásentidades
que subsanen a documentación incorrecta.
b) As Federacións galegas certificarán os datos deportivos (da última tempada rematada).
c) Os datos certificados polas federación serán expostos para que as entidades poidan presentar
alegacións.
d) Finalizado este prazo, publicarase o listado de axudas concedidas.

6. DATOS DEPORTIVOS A VALORAR, QUE SERÁN CERTIFICADOS POLAS FEDERACIÓNS:
a.Competición deportiva principal na que participa a entidade (ata 40 puntos).
No caso dos clubs e SAD de competición principal por ligas:
_ nivel (1º, 2º,…) da liga na que participa a entidade na categoría absoluta e/ou na categoría previa á absoluta (xuvenil ou outra denominación).
_ número de ligas da modalidade en categoría absoluta e previa ás que se accede por
clasificación.
_ número delicencias da modalidade no conxunto do estado.
_ participación en competicións europeas ás que se accede por clasificación.
No caso dos clubs e SAD de competición principal por campionatos:
_ número de participacións e de primeiros postos na competición mais relevante no ámbito nacional, na categoría absoluta.
_ número de licencias da modalidade no conxunto do estado.
No caso dos clubs...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Practicas base da datos
  • introducción a bases da datos
  • Disponibilidad Base Da Datos
  • Bases de Convocatoria SECTUR 2015 01
  • BASES CONVOCATORIA PREMIO ARMANDO MANZANERO
  • Base De Da
  • Universidad 2014 Convocatoria A Eventos De Base Y Municipales.
  • la teoria como base da la practica en enfermeria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS