Ben comunicativo

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 11 (2613 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 10 de mayo de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
"O Ben Comunicativo"

Marcelo Martínez Hermida

A nosa hipótese é que a Comunicación é un Ben Común. Un ben común real; aquelo que todos os que nos comunicamos poseemos no común, pero nunca en propiedade, á hora de comunicar. Comunicar significa intercambiar símbolos. E debemos entender Ben Común como aqueles ámbitos do entorno social dos que depende a subsistencia e a seguridade daspersoas. Xa que logo, relacionarse e actuar para intercambiar símbolos convírtese nun "ben comunicativo" necesario para a existencia humana.

Se primeiramente definimos o concepto de utopía como a creación de mundos idealizados, formalizados desde unha proposición filosófica que pretende o ben común (pola contra, o concepto de distopía abranguería a formalización dun mundo ideal, inaceptable paradesenvolver libremente a condición humana), poderiamos argumentar que a nósa pretensión (comunicación como ben común) é ben utópica fronte á dinámica de distopías en escada á que nos confronta o mundo actual, ao traverso de e no mesmo eido comunicativo.

Non obstante, hai formas, estruturas e paradigmas de facto que permiten soster a argumentación de que existen realidades humanas, políticas eéticas, que fan que a pretensión utópica de desenvolver a Comunicación como ben común, non o sexa tanto.

E ocorre que, talvez, a utopia sexa a amplificación diste modelo ou criterio a escada mundial; como compromiso, conducta e/ou práctica xeral humana. Se isa amplificación do modelo é posible, ou somentes pode ou debe ficar para seren ali identificable e non noutros lugares, neses ámbitos comúns epequenos, ao pior marxinalizados, minorizados, nos que agora se produce.

Presumimos que a consideración da Comunicación como Ben Común, mais que unha utopía, é unha condición real somerxida polo sistema vixente mediático e polo discurso da Comunicación como Ben Público.

Xa sabemos do estreito pensar do mediacentrismo en canto Comunicación, e tamén desde o regulamentarismo e intervencionismoestatal e, do mesmo xeito, desde a globalización que é unha proposición dun sistema-mundo, unha utopía ou un imaxinario de poder que, en condicións reais, opera especulativamente, dun xeito desigual e non completivo, a pesares das convincentes tentativas de certas ideoloxías e discursos neoliberais por outorgarlle unha dimensión "global" e estratéxica (certamente a globalización existe desde oséculo XV, non é un fenómeno recente; a creación dun mercado mundial é un propósito ben antigo)

Mercancía, ben público e ben común.

Segundo cre o economista Robert Tomás a "mercantilización" da comunicación (onde a necesidade réxese por criterios de busca de audiencias e por criterios de rendabilidade) non pode ter remedio ao traverso da intervención do Estado, facendo diste un regulador esubministrador de comunicación como "ben público", senon que pode ser observada desde un marco máis amplo, é dicir, no marco do "ben común".

Respecto dista tese dicir que contrasta abertamente coa de Zeller cando iste fala da comunicación como "ben publico" (ver apontamentos facilitados na aula) Stiegler (citado por Tomás) propón unha cadea causal, na que di que a crise, en canto aos bens comúnsnaturais e sociais, está provocada polo capitalismo financieiro (caracterizado pola especulación e o curto prazo), a súa vez este deriva do consumismo, que a súa vez provén (no caso Comunicación) dos medios de comunicación, é dicir, de empresas que buscan o beneficio ligado á mercantilización da comunicación.

Noutra cadea causal proposta por Stiegler, e que completa a anterior, di que ocapitalismo industrial (a longo prazo) que provén da Ilustración, relaciónase co capitalismo cultural soportado nas escolas, na formación, e ao traverso das novas tecnoloxías, ambas directamente ligadas á recreación da Democracia, e esta a súa vez ao Estado actual e ao seu concepto de Ben Público.

Foi o Estado quen propiciou a desaparición progresiva dos vellos "commons" (ámbitos comunitarios),...
tracking img