Biblioteca

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 10 (2317 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 22 de enero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
INTRODUCCIÓN:

Decidimos para o noso traballo utilizar a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Vigo: Xosé Neira Vilas. Decantámonos por esta elección debido ao seu amplo e diverso programa cultural e a boa atención que alí nos ofreceron.
Queremos destacar ainda así que non existe ningún animador sociocultural nin educador social actualmente traballando nela, xa que teñen un técnico debibliotecas e dous auxiliares de bibliotecas.
A Concellería de Cultura promoveu a implantación da biblioteca pública municipal “Xosé Neira Vilas”, na avda. Martínez Garrido, num. 21, da cidade de
Vigo, como unha actuación directriz de posta en marcha de servizos bibliotecarios, dentro da rede municipal de bibliotecas que se pretende desenvolver.
Esta nova biblioteca implántase nun territorio condensidade poboacional significativa, onde a biblioteca pública municipal é o servizo cultural de proximidade por excelencia para atender á veciñanza dun radio de 15-20 min camiñando, e complementando, así a gama diversificada dos servizos preexistentes do territorio.

ENCADRAMENTO TEÓRICO:

A animación sociocultural é un termo e unha nova profesión que está a tratar de entrar na sociedade dehoxe. Aínda que o concepto sexa vello e algúns din que Platón foi o primeiro animador sociocultural da historia podemos dicir que os profesionais socioculturais non aparecen nos países desenvolvidos ata despois da Segunda Guerra Mundial debido ao cambio social.

Hoxe, en España hai adestramento formal en dous niveis: como formación profesional para obter o título de Técnico Superior en AnimaciónSociocultural e nas universidades para obter o titulo de Diplomado en Educación Social ou Licenciado en Pedagoxía Social.

O animador sociocultural é un profesional que traballa en diferentes áreas (rural, urbano), grupos (mulleres, prisioneiros) e noutras muitas como bibliotecas, ludotecas, etc. Por iso, e un profesional que:

a) Opera no campo educativo, e particularmente na educación formale complementa o concepto de aprendizaxe ao longo da vida.

b) Traballa coas comunidades, e non con individuos particulares, a fin de atopar unha comunidade de desenvolvemento e promoción cultural.

c) Plantexa, desenvolve e avalía programas, proxectos e actividades para as comunidades nas que traballa.

d) O seu obxectivo final é o cambio social e acadar niveis máis elevados de benestarsocial e desenvolvemento persoal da comunidade.

O 25 de xuño do 1985 promulgouse a ley 16/195 do Patrimonio histórico español, e no seu títutlo UII está dedicado a “Del patrimonio documental y bibliográfico y de los archivos, bibliotecas y museos.” No seu articulo 95.2, dícese que“son bibliotecas las instituciones culturales donde se conservan, reúnen, seleccionana, inventarían, catalogan,clasifican y difunden conjuntos o colecciones de libros, manuscritos y otros materiales bibliográficos o reproducidos por cualquier medio para su uso en sala pública o mediante préstamo temporal, al servicio de la educación, la investigación, la cultura y la información.”
O título II está consagrado ao que se chama “Sistema español de bibliotecas”, do cal forman parte:
• A biblioteca nacional, que seconfigura como cabeceira do sistema
• As bibliotecas públicas do Estado (onde se encadra a nosa)
• As bibliotecas dependentes dos Ministerios e Organismos autónomos da Administración do Estado, excluidas as escolares.
• As bibliotecas das Universidades públicas.
• As bibliotecas das Reais Academias.
• As redes ou sistemas de bibliotecas de Institucións públicas ou privadas, ou as bibliotecasde excepcional interés que se incorporen mediante convenio co Ministerio de Cultura.

METODOLOGÍA DE BUSQUEDA E DE TRABALLO:

Para comezar puxémonos en contacto coa biblioteca e falamos co director para combinar unha cita. El proporcionounos toda a información posible e fixemos unha visita a biblioteca co fin de coñecer as instalación e o persoal que alí traballa.
Cando recollimos toda a...
tracking img