CAP - Psicología Educativa

Páginas: 11 (2520 palabras) Publicado: 30 de abril de 2013
A. 1 POR QUE NON FORON BOS MEDIADORES?
Do texto, podemos concluír que tanto o primeiro como o segundo dos profesores atopáronse cuns resultados nada parellos ós que esperaban acadar. Xa dende este punto, entendemos que non foros bos mediadores polo feito de non lograren os seus propósitos educativos.
Por outra banda, cremos qué é un erro, por parte de ámbolos dous docentes, a decisión de nontomar en conta os coñecementos previos dos alumnos. Neste sentido, a pesar de que, baixo o noso punto de vista, o primeiro profesor faga unha avaliación inicial, estimamos que esta valoración non activa os coñecementos previos do alumnado e estes quedan fóra dos obxectivos e a metodoloxía do mestre, polo que se produce unha aprendizaxe non coherente co nivel de desenvolvemento dos rapaces. No casodo segundo dos profesores, pensamos que non realiza unha avaliación inicial e, consecuentemente, incorre nos mesmos fallos co seu colega.
Relacionado co tema das avaliacións, observamos que durante todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe que dura o tema que están a tratar, ningún dos dous educadores realiza ningún tipo de avaliación formativa que lles indique se os alumnos están asimilando oscoñecementos que se lles están a impartir. Así, o primeiro docente sinala que pasa ao traballo do mural (que entendemos que se corresponde coa avaliación sumativa) cando “considerou que a información debía estar asimilada” e polo tanto, non existe ningún tipo de proba que lle sinale cál é o punto no que se atopa o seu alumnado. Por outro lado, o segundo mestre tampouco recorre a este tipo devaloración polo que, do mesmo xeito que sucedía no caso anterior, non se incide na construcción de coñecemento.
Habida conta destas hipóteses e como xa avanzamos en parágrafos anteriores, tamén consideramos que tanto os obxectivos como as metodoloxías de ámbolos dous profesores non foron eficientes nin se centraron nas necesidades educativas dos alumnos, se non que polo contrario, os mesteres elaboraronestes dous pasos do proceso á marxe do desenvolvemento cognitivo dos rapaces.
Por outro lado, o primeiro dos profesores non traballa sobre unha aprendizaxe significativa, xa que non motiva aos alumnos nin lles aporta material significativo e, baixo a nosa opinión, este é outro dos factores que incide na súa insatisfacción cos resultados. No caso do segundo dos profesores cremos que se produce unhaaprendizaxe significativa por descubrimento, sen embargo o feito de darlle unha total autonomía aos rapaces neste proceso é un erro, porque o mestre debería de lle dar unhas guías, unhas pautas para elaborar os seus coñecementos e integralos, polo que cremos que non é acertado tratar que os estudantes integren as ideas do tema sen que se traballe sobre a inferencia, a comparación... En definitiva,entendemos que é un erro que, agás a actividade da discusión, o docente non poña en marcha outro tipo de accións que permitan ao alumno crear modelos mentais. Neste sentido, de feito, prodúcese unha situación bastante anecdótica que pensamos que é froito das hipóteses que acabamos de expoñer, xa que logo os alumnos do segundo profesor acadan un tipo de coñecemento declarativo cando supoñemos queo docente pretendía forxar neles un tipo de coñecemento procedimental.
De igual maneira, na situación do primeiro profesor, non nos parece coherente que durante o proceso de ensinanza-aprendizaxe non traballe con estratexias congnitivas profundas de integración do coñecemento e que se sorprenda que de as “ideas erróneas (dos rapaces) permanecían ao interpretar os contidos”. Asemade, este feitotamén nos indica que os obxectivos plantexados non son acordes á metodoloxía e o estilo de aprendizaxe que o profesor defende.
Seguindo co tema das estratexias, salientamos como negativo que ningún dos dous docentes se decante por incluír, dentro da súa labor formativa, estratexias metacognitivas que redunden no proceso de creación de modelos mentais, xa que se a finalidade é que o alumno...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Psicologia educativa
  • Psicologia educativa
  • Psicologia Educativa
  • Psicología Educativa
  • Psicología Educativa
  • psicologia educativa
  • La Psicologia Educativa
  • La Psicologia Educativa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS