Casa buab

Páginas: 77 (19085 palabras) Publicado: 26 de marzo de 2011
PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

INFORMACIÓN XERAL

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

2

ÍNDICE

1. Presentación ............................................................................................... 3 2. Normativa.................................................................................................. 4 3. Regulamento da proba .............................................................................. 5 a) b) c) d) e) f) Quen se pode presentar. Como son as probas. Como se cualifican. Cando se convocan e celebran. Que notas anteriores son validables. Que valor teñen as cualificacións obtidas nestas probas.

4. Contidosda proba a) Ámbito lingüístico: ......................................................................... 8 I. Lingua galega. II. Lingua castelá. III. Lingua estranxeira. b) Ámbito social ..…………................................................................ 9 c) Ámbito matemático-tecnolóxico .................................................... 11 5. Exemplos de exames a) Exemplo 1.................................................................................... 14 b) Exemplo 2 .................................................................................... 28 c) Exemplo 3 ................................................................................... 41 d) Exemplo 4 ................................................................................... 57

3

1. PRESENTACIÓNO título de graduado en secundaria é o título básico do sistema educativo español. Con el pódese acceder á formación profesional específica de grao medio ou aos estudos de bacharelato. Moitas persoas incorpóranse tamén directamente ao mundo laboral despois de obtelo. Para as persoas adultas, este título é un obxectivo importante desde o punto de vista da súa mellora e do seu perfeccionamentopersoal, e tamén desde o punto de vista das posibilidades de conseguir un emprego mellor. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a moitos postos de traballo convocados polas administracións públicas. Aínda que existe en Galicia unha oferta ampla de ensinanzas presenciais, semipresenciais e a distancia a través das que as persoas adultas poden conseguir este título, moitas persoasoptan por presentarse ás probas que se convocan todos os anos con esta finalidade. O interese nelas medra constantemente. Por todo isto, parece importante ofrecer esta información básica sobre as probas, para servir de orientación a todas as persoas interesadas en presentarse a elas.

4

2. NORMATIVA
As probas para a obtención do título de graduado en secundaria están reguladas por estasdisposicións: Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 19 de febreiro de 2009, pola que se regulan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos (DOG do 4 de marzo). Cada ano publícase unha resolución que convoca estas probas para as convocatorias de xuño e setembro. A última publicada é a do 15 defebreiro de 2008 (DOG do 10 de marzo). Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se regula a ensinanza básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xullo).

-

-

5

3. REGULAMENTO DA PROBA
a) Quen se pode presentar -Pódense presentar a estas probas todas as persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o día anterior á data na que secelebren as probas. Así, por exemplo, se os exames se celebran o 17 de xuño, pódense presentar todas aquelas persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o 16 de xuño. -Non existen excepcións a esta regra, nin por motivos laborais nin por motivos de calquera outra índole. -As persoas que, con esa idade, estean matriculadas na educación secundaria obrigatoria (ESO) ou na educación secundaria para...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Casa de casar
  • Un Caso Muy Caso
  • caso caso
  • La casa
  • Casa
  • Casa
  • Case
  • Caso

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS