Circuitos Pneum Ticos Jose

Páginas: 10 (2279 palabras) Publicado: 22 de marzo de 2015




1.- CIRCUÍTOS PNEUMÁTICOS
1.2.-A pneumática presenta diversas vantaxes:
1.1.-As propiedades do ar, e o resto dos fluídos:
2.- A estación compresora
2.1.- Compresor
2.2.- Depósitos
2.3.- Acumuladores
2.4.- O secado
3.- Rede de distribución
4.- Preparación do ar comprimido
4.1.- A unidade de mantemento
5.- Elementos de traballo: Actuadores
5.1- Cilindros
5.1.1.- Cilindro de simple efecto
5.2.-Motores
5.2.1.- Motores de émbolo
5.2.2.- Motores de pás
5.2.3.- Motores de turbinas
6.- Elementos de mando: Válvulas
6.1.- Características funcionais:
6.2.- Tipos de válvulas
7.- Control de velocidade
8.- Oleohidráulica
9.- Diagramas de movemento




1.- Circuítos Pneumáticos
A pneumática é a parte da tecnoloxía que estuda as máquinas e os aparellos que funcionan con ar comprimido. O ar é unhamestura de gases (78% N2, 21% O2, 1% de Ar, CO2 e gases raros). O ar na terra esta a presión, chamada presión atmosférica, de 760 mmHg = 1Atm. O ar comprimido é o que se atopa a unha presión atmosférica.
1.1.-As propiedades do ar, e o resto dos fluídos:
Presión: Defínese como o cociente entre o valor dunha forza que actúa perpendicularmente a unha superficie e a área de dita superficie.

Caudal:Defínese como o volume do fluído que atravesa unha determinada sección transversal dunha condución por cada unidade de tempo.

Humidade: É o contido de vapor de auga no ar; este contido de auga é moi variábel, dependendo se está en rexións áridas e frías ou en rexións cálidas e húmidas.
Humidade absoluta: É a masa de vapor de auga que temos en cada unidade de volume.
Humidade relativa: É o cocienteentre a masa de vapor de auga existente nun volume de ar y a que habería se ese volume de ar estivera saturado a igual temperatura

Humidade específica: É o cociente entre as masas de vapor e o ar seco contidas nun mesmo volume.
Densidade: É o cociente entre a masa e o volume que esta masa ocupa.
1.2.-A pneumática presenta diversas vantaxes:
É moi sinxelo obter o arcomprimido.
Facilidade de movementos lineais
Obtemos unha grande forza
O risco de explosións é moi baixo
O seu almacenamento e a súa regulación son moi sinxelos.
Utilizamos a pneumática para diversas aplicacións, tanto na construción (martelos ou pistolas pneumáticos...) coma no transporte (Portas, freos...)
2.- A estación compresora

2.1.- Compresores
Son os aparellos que toman ar con unhasdeterminadas condicións e o impulsa a unha presión superior a de entrada, para isto, os compresores deben estar alimentados por corrente eléctrica. Os compresores sitúanse en lugares apartados debido a que tenden a facer moito ruído. Tamén se instalan no exterior porque a pureza do ar é superior alí.
Os compresores diferéncianse polo seu caudal ou pola súa relación de compresión ( A relación decompresión é un número adimensional que relaciona as presións de entrada e de saída.) estes deben ser adecuados ao consumo do ar que require o circuíto.
Tipos de compresores:
Compresores de émbolo: son os mais utilizados debido ao seu prezo e a súa flexibilidade de funcionamento. Estes permítennos dar caudais de moi diversas magnitudes e cun amplo rango de relación de compresión. Funcionamento:
Utilizandiversas etapas para realizar a compresión do ar, cada etapa produce un aumento da presión e a derradeira expulsa o ar a presión final desexada.
Para a refrixeración utilízase a auga ou o aceite, que circula arredor da camisa do compresor, outro método de refrixeración é mediante aletas, que aumenta a superficie de refrixeración con pequenas pas que rotan arredor da cámara de compresión.Compresor rotativo: Este aumenta a presión do ar mediante o xiro dun rotor, o ar aspírase cando o rotor xira nun determinado sentido e despois comprímese dentro dunha cámara de compresión. A súa vez os compresores rotativos poden ser de diversos tipos:
Rotativo de Pás: teñen unha serie de pás radiais que empuxan as paredes do rotor, entre cada dúas pás xérase unha pequena cámara de ar que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • pr ctica de pneum tica
  • Circuitos hidr ulicos y neum ticos
  • Pneum Tica Pr Ctiques Simulaci
  • 4 Quest Circuitos De Control Electromagn Tico
  • CASO HIPOT TICO 10 JUAN JOSE TINOCO
  • Circuito Magn Tico
  • Jos Tadeo Monagas Fue Un Notable Militar Y Pol Tico Venezolano
  • Pneuma

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS