Cloroplastos

Páginas: 3 (561 palabras) Publicado: 6 de diciembre de 2012
Os plastos ou plastidios. Cloroplastos
Orixe dos cloroplastos
Os cloroplastos, así como as mitocondrias, mostran moitas similitudes cos organismos procariotas de vida libre. Os cloroplastosrealizan a fotosínteses dunha maneira moi parecida a como o fan as cianobacterias procariotas; algúns son moi parecidos a estas en estrutura e tamaño. Ademais, os cloroplastos reprodúcense por división econteñen ADN, cunha secuencia de nucleótidos case idéntica á de fragmentos do cromosoma bacteriano. Todo isto suxire que os cloroplastos comparten un antecesor común coas cianobacterias e queevolucionaron a partires de procariotas que pasaron a vivir dentro de células eucariotas primitivas. Estes procariotas realizaron fotosínteses para os seus hospedantes como contraprestación pola protección epolo ambiente nutritivo que estes últimos lles aportaban. De feito, a simbioses de células fotosintetizadoras con outros tipos celulares é un fenómeno común, e pódense atopar algunhas células eucariotasactuais que conteñen auténticas cianobacterias.
Baseándose nas similitudes observadas, a hipótese endosimbiótica de Lynn Margulis propón a orixe procariota deste orgánulo. Así, as célulaseucariotas apareceron en forma de organismos anaerobios, sen mitocondrias nin cloroplastos, e logo estableceron unha relación endosimbiótica estable con distintos tipos de bacterias que conduciu aos actuaisorgánulo.
Estrutura
Os plastos son orgánulos exclusivos das células vexetais. Existen varios tipos de plastos, pero todos teñen en común que están rodeados por dúas membranas concéntricas e o feitode posuír múltiples copias dun mesmo xenoma pequeno. Todos os plastos se desenvolven a partir dos proplastidios, orgánulos que existen nas células meristemáticas.
Os tipos de plastos son:cromoplastos, leucoplastos e cloroplastos.
-Os cromoplastos acumulan pigmentos carotenoides e, en moitas especies, son os responsables da coloración amarelo-laranxa-avermellada dos pétalos e dos froitos....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cloroplastos
  • Cloroplasto
  • cloroplastos
  • CLOROPLASTOS
  • Los cloroplastos
  • Cloroplastos
  • Cloroplasto
  • Cloroplastos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS