Comarca de pontevedra

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 33 (8238 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 18 de enero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
COMARCA DE PONTEVEDRA |
Análise socio-productivo e oferta formativa |

INTRODUCCIÓN:
O presente traballo comeza cunha breve descrición da comarca de Pontevedra. Continúa cunha análise do seu contorno productivo e as cualificacións profesionais e oferta formativa na Formación Profesional, distinguíndoa por subsistemas. Por último, conclúe cunha relación do contorno productivo da zona coaoferta formativa na mesma.
DESCRICIÓN DA COMARCA DE PONTEVEDRA:



A comarca de Pontevedra é unha comarca española situada na provincia homónima. Aglutina as terras do contorno da capital provincial excepto Marín, integrada na bisbarra do Morrazo por motivos históricos , sociais e demográficos.
Limita ó Norte coas bisbarras oficiais de Caldas e Tabeirós-Terra de Montes, ó Este coas deCarballiño e O Ribeiro, ó Sur coa Comarca de Vigo e o mar; e ó Oeste coa do Morrazo, e o mar, e a do Salnés.
A comarca de Pontevedra ten 624´42 Km cadrados cun total de 120.644 habitantes e 193´2 habitantes por Km cadrado.
Trátase dun territorio ubicado no “Eixo Atlántico”, consolidado como eixe de desenrolo a nivel rexional, confire unhas vantaxes competitivas respecto a outras zonas rurais deGalicia (posuír boas comunicacións tanto internas como có exterior, indicadores demográficos e económicos máis favorables, conexión có Norte de Portugal, etc.)
Esta situación de privilexio refórzase coa articulación do territorio ó redor dunha cidade capital provincial, Pontevedra.
É evidente que nos atopamos ante un territorio con capacidade de impulsar un desenrolo económico, concentrándose omaior dinamismo ó redor da cidade de Pontevedra. Sen embargo, tamén é certo que existen desequilibrios territoriais reproducíndose as habituais desigualdades centro-periferia nas relacións coa súa área de influencia comarcal.

ANÁLISE DO CONTORNO PRODUCTIVO DA COMARCA DE PONTEVEDRA.

Economía da comarca en xeral:
Trátase dunha comarca formada por oito municipios. O seu centro de atracciónfuncional, comercial e de servicios localízase na capital da provincia. Posúe tres portos pesqueiros e dous deportivos ó largo de máis de 60 Km de costa, dos cales máis de 44 Km atópanse na Ría de Pontevedra e 16 Km na de Vigo.
A actividade económica da comarca ten como sectores representativos a agricultura, a gandería, a pesca, o marisqueo e a explotación forestal. O sector industrial da comarca,ademáis das empresas derivadas da madeira e celulosa, complétase coas produccións agro-alimentarias, construcción e química. É de salientar igualmente, como gran actividade económica o sector turístico, cada vez menos estacional e con maior presencia. O ser esta unha comarca de carácter metropolitano sobresae a completa dotación de servicios administrativos que posúe a capital. Por outra parte,tamén cabe salientar a existencia, fundamentalmente na capital, dunha forte oferta de servicios sanitarios, tanto de carácter público como privado: Hospital de Montecelo, Hospital Provincial de Pontevedra, Hospital Miguel Domínguez, Hospital Modelo, Casa del Mar de Mollabao, etc.
En canto ás comunicacións, ademais da línea ferroviaria existente, dispón de vías de comunicación de gran importancia naprovincia, a Autopista do Atlántico A-9 e a N-550 que a une con Santiago e Vigo, e a N-541 que chega a Ourense.

Análise da empregabilidade na zona:
Segundo datos ofertados por http://emprego.xunta.es/DATOSOCUP/ as profesións por grao de ocupabilidade na comarca de Pontevedra son:
* ocupabilidade moi alta: camareiros, barmans e asimilados (1747 contratados), empregados deservicios de correos (351 contratados), secretarios administrativos e asimilados (326 contratados);
* ocupabilidade alta: peóns de industrias manufactureiras (1583 contratados), peóns forestais (587 contratados), animadores comunitarios (338 contratados), auxiliares administrativos con tarefas de atención ó público non clasificados anteriormente (246 contratados);
* ocupabilidade media:...
tracking img