Comentario De Texto De Historia Económica
Os autores deste texto, publicado na obra “Historia económica da España contemporánea”, son Albert Carreras e Xavier Tafunell e cuxo tema principal é a influenciado medio natural no desenrolo económico do país.
Un dos aspectos máis importante á hora de analizar o desenvolvemento económico español de principios do XIX é o marco natural no que se atopa, édicir, os factores xeográficos que a condicionan aínda que non sexa o único que debe ser tido en conta. En España o medio físico funcionou como aspecto negativo na súa economía polas desfavorablescondicións naturais.
O primeiro factor de influencia é a situación xeográfica da península. Por unha banda funciona como illante ao estar nun extremo do continente e afastada das redes de transporte,comerciais, financeiras e de intercambios con Europa que dificulta as comunicacións xa que os Pirineos actúan como barreira natural. Sen embargo, este factor tamén repercute favorablemente xa que aPenínsula funciona como ponte entre Europa e África (sendo foco de inmigración) e entre o Mediterráneo e o Atlántico, polo que conta cunha posición estratéxica para as comunicacións marítimas.
O segundoaspecto a resaltar é o relevo xa que conta cunha gran complexidade orográfica e un relevo abrupto e accidentado en contraste con Europa que destaca polas súas terras chás. Esta característica ten comoconsecuencia directa a dificultade das comunicacións da España interior coa exterior polo que se empregan os antigos trazados romanos e o transporte de persoas e mercancías resulta lento e custoso xa queten que acomodarse ao relevo.
En terceiro lugar atopamos o clima que é factor máis influínte. Así o elemento crítico é a pluviosidade xa que os rendementos agrícolas dependen da súa cantidade edistribución anual. Isto nos permite diferenciar entre a España húmida (áreas montañosas, Galicia e País Vasco) e a seca (resto de territorios) caracterizada pola chuvia insuficiente e a desigual...
Regístrate para leer el documento completo.