Comentario plano toledo

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 5 (1124 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 4 de marzo de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
O tipo de representación é un plano urbano [tipo de representación gráfica e a escala que nos amosa as superficies construídas e libres dunha cidade: edificios, rúas, prazas, parques...] de Toledo, que nos permite coñecer as distintas etapas de desenvolvemento desta cidade.


Para comprender a seguinte explicación, cómpre detallar a definición de proceso de urbanización, que é a progresivaconcentración na cidade da poboación, das actividades económicas principais e das innovacións, e a difusión posterior destas cara ó seu contorno.
O comentario estará composto polo desenvolvemento de tres grandes áreas: o casco antigo, o ensanche e a periferia.


Casco antigo

O emprazamento ou localización [espazo concreto sobre o que se asenta a cidade. Depende do medio físico(topografía) e, sobre todo, da función para a que se creou a cidade] de Toledo sobre un cerro semirrodeado polo río Texo, ten un claro carácter defensivo. A súa disposición xunto a un vado polo que o río podería cruzarse facilmente a pé, e que foi reforzar por unha ponte (a ponte de Alcántara), ten a misión de facilitar as comunicacións, pois Toledo se sitúa nunha posición estratéxica nas vías de comercio, óser paso obrigado nas rutas cara o sur peninsular.


Historicamente, en canto a súa situación [posición relativa da cidade respecto a un contorno xeográfico amplo. Está relacionada coa función da cidade respecto ó contorno (dominio político ou militar; control dunha ruta comercial...], sinalar que se beneficiou por encontrarse no único eixe natural de comunicación entre as zonas occidental eoriental da submeseta sur.

O casco antigo, de orixe prerromana, acolleu a diversos pobos e culturas ó longo da historia. A cidade foi conquistada polos romanos, que a reconstruíron e denominaron Toletum, quedaron numerosos vestixios como un acueduto e un circo.
Tras a denominación romana, na Idade Media, Toledo foi capital do reino visigodo, conquistada polos musulmáns e reconquistada poloscristiáns.
Esta cidade é coñecida como “Cidade das tres culturas”, por estar poboada durante séculos por cristiáns, xudeus e árabes, ou como “Cidade imperial”, por ter sido a sede principal da corte de Carlos V nos reinos hispánicos, sendo este momento cando alcanza o seu maior esplendor.

As súas murallas, das cales se conservan actualmente amplos restos, tiñan unha finalidade defensiva, fiscal(asegurar o pago de impostos) e sanitaria (illar á cidade en caso de epidemia).

O plano [irregular: presenta rúas estreitas e tortuosas e prazas sen formas definidas; radiocéntrico: ten un centro do que parten rúas radicais, cortadas por outras que forman aneis en torno ó centro; ortogonal, en cuadrícula ou dameiro: formado por rúas que se cortan en ángulo recto] é irregular, con rúas estreitase tortuosas, que conservan en boa parte o trazado musulmán (adarves, prazas, patios...).
Tamén pódense observar prazas e avenidas máis amplas, que corresponden a reformas urbanísticas posteriores, realizadas na Idade Moderna ou no século XIX.

A trama [disposición dos edificios. Pode ser compacta ou pechada, se os edificios se dispoñen uns xunto a outros ó longo de grandes extensións, ouaberta, se os edificios deixan amplos espazos libres entre eles] é pechada e compacta, debido a que o crecemento da cidade se localizou durante século no espazo intramuros.

A edificación [pode ser colectiva e en altura (bloques e torres), ou individual (vivendas exentas ou acaroadas)] tradicional é de baixa altura, aínda que experimenta unha progresiva tendencia á verticalización. Tamén consérvanserestos de destacados edificios históricos, pertencentes a diversas épocas e culturas: musulmáns (zocos e mesquitas), xudeus (barrio da xudería, sinagogas) e cristiáns (igrexas, a catedral gótica e edificios renacentistas como o alcázar levantando por Carlos I).

Os usos do solo [diferentes utilizacións do espazo urbano: comercial e de negocios, residencial, industrial, de equipamento, etc.]...
tracking img