Curriculo primaria galicia

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 87 (21655 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 14 de mayo de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
11.666

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

Nº 132 Luns, 9 de xullo de 2007 desta Lei orgánica de educación que se expresan no preámbulo e que se resumen en lograr: * Calidade de educación para todo o alumnado. * Equidade que garanta a igualdade de oportunidades. * Esforzo compartido por todas as persoas compoñentes da comunidade educativa. A educación primaria e mais a educación secundariaobrigatoria constitúen o ensino básico, que é obrigatorio e gratuíto para todas as persoas. A educación primaria é, pois, a primeira etapa do ensino obrigatorio. Como tal, caracterízase por unha especial atención á diversidade, pola prevención das dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica de apoios e/ou reforzos tan pronto como sexan detectadas, acudindo ás medidas organizativas e/ou curricularesque sexan precisas para asegurar o principio de equidade, sen prexuízo de garantir unha educación común para todo o alumnado. Nesta liña, estableceranse os mecanismos precisos para lograr unha coordinación entre esta etapa e as de educación infantil e educación secundaria obrigatoria. Porén, será de grande importancia a acción titorial que vertebre todas as actuacións con cada un dos grupos e concada alumno e cada alumna dese grupo. O eixe do traballo nesta etapa educativa será o desenvolvemento das competencias básicas que permitan encamiñar todo o alumnado cara ao logro dunha formación integral, tanto na súa vertente persoal coma nas demandas sociais e culturais que faciliten a continuación dos estudos e, posteriormente, a inclusión na vida laboral, pero sempre coa asunción da necesidadede aprender ao longo de toda a vida. Ten enorme importancia a presenza no currículo das competencias básicas que o alumnado deberá desenvolver na educación primaria e completar na educación secundaria obrigatoria. As competencias básicas permiten identificar aquelas aprendizaxes que se consideran imprescindibles desde un enfoque integrador e orientado á aplicación dos saberes adquiridos. O seulogro deberá capacitar as alumnas e os alumnos para a súa realización persoal, a incorporación satisfactoria á vida adulta e o desenvolvemento dunha aprendizaxe permanente ao longo da vida. Será preciso que a organización dos centros educativos, as formas de relación de todas as persoas compoñentes da comunidade educativa, as actividades docentes, así como as complementarias e extraescolares, incidanno desenvolvemento das citadas competencias básicas. Prestarase especial atención á educación en valores e ás normas de convivencia que permitan unha incorporación á sociedade democrática con respecto, interese, esforzo e responsabilidade.

I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educaciónprimaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Preámbulo A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo III, determina que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei. Así mesmo, coa finalidade de asegurar unha formación común a toda a cidadaníaespañola e garantir a validez das titulacións correspondentes, establece que lle corresponde ao Goberno de España fixar os aspectos básicos do currículo en relación aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación que constitúen as ensinanzas mínimas ás cales se refire a disposición adicional primeira, punto 2, letra c, da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación. OEstatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o parágrafo primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan. O Real decreto 1513/2006, do...
tracking img