Danton
TRABALLO
A partires dos apuntes e de outro material ó que teñades acceso deberedes realizar o seguinte bloque de traballos: a. Entrevista. Faredes unha entrevista ficticia –vinte cuestións‐ feita a un destes personaxes reais • Danton • Talleyrand • Guizot •Massimo D’Azzeglio • Tsar Alexandre I • G. Mazzini • Metternich Nesta entrevista deberedes ter en conta o tratamento que lle debedes dar ó personaxe e tanto a linguaxe que utilizaredes vos como a que lle deberedes dar a el, xa que é coma se estiverades alí. As preguntas que lle faredes deberán ser pertinentes co tema ó que corresponden –non valen cuestións triviais‐ Debedes ter tamén en conta a data na que facedes as preguntas, que non poden saír desa marxe cronolóxica. Por exemplo, se entrevistades a Guizot en 1845, non lle poderedes facer observacións nin preguntas posteriores a tal data. b. Podes escoller na segunda parte do traballo a lectura ou o visionado de: •Historia de dúas cidades, de Charles Dickens • Danton, película francesa do ano 1982, realizada por A. Wajda E facer un comentario histórico sobre os acontecementos narrados nelas (mínimo de 2500 palabras). A data na que deberedes entregar este primeiro bloque de traballo será o martes 15 de xaneiro de 2013. P.S.: Os traballos poden ser presentados por ordenador, tendo un interliñado de 1’5 e en letra arial 12. Facede constar TODAS as vosas fontes –libros, páxinas web, etc. que utilicedes. ...
Regístrate para leer el documento completo.