Desmontando La Idea De España Como Nación Única

Páginas: 36 (8819 palabras) Publicado: 21 de enero de 2013
-Introducción
-“Que los niños aprendan […] historia. La historia verdadera, no las historias que inventan los nacionalistas. La educación tiene que servir para instruir, no para manipular a nadie, sino para el conocimiento de la historia, de la literatura, de todo lo que es una gran nación como es España. 3000 años de historia. Eso es lo que tienen que saber los niños.”
Esperanza Aguirre,18/10/2012
Estas palabras pronunciaba a señora dona Esperanza Aguirre, a sazón aínda presidenta da Comunidade de Madrid en referencia a reforma educativa proposta polo señor Wert e a súa, igualmente singular, afirmación de que había que españolizar os nenos cataláns.
Analizando a cita da señora Aguirre atopamos varios dos compoñentes fundamentais do pensamento histórico do nacionalismo español(chámese español, chámese centralista, chámese unitario ou nacionalismo castelán que e como, a luz das fontes históricas, sería mais correcto denominalo) a hora de enfrontarse o resto de realidades nacionais da península. A saber: O feito de que os nacionalismos periféricos crean unha literatura histórica para xustificarse, e que España existe como entidade nacional dende o principio dos tempos.Obviando que o castelán tamén e un tipo de nacionalismo, defendese a idea de que aos nenos do Reino de España hai que educalos na historia creada polo nacionalismo unitario, sendo esta a historia verdadeira.
Amosásenos así unha das manobras mais comúns que o longo dos séculos serviron aos pobos conquistadores e colonizadores para afianzarse nos territorios expugnados, a de privalos do seu pasado.
Senquerer entrar nunha definición profunda do que e unha nación, pois e un tema tremendamente complexo, podería dicirse que a “nación” pode caracterizarse, dun modo xenérico, coma un grupo social relativamente extenso cuxos integrantes posúen un sentido de pertenza a ela debido a rasgos culturais e a una conciencia histórica común.
Os integrantes dunha nación teñen una conciencia mais ou menosexplícita, segundo os casos, de formar parte de una comunidade distinta das demais. Esta conciencia nacional implica a identificación con valores culturais común, así coma vínculos efectivos de solidarizade entre os integrantes da mesma.
Evidentemente a historia dun pobo e unha das patas principais que sustentan a identidade do mesmo, practicamente a igual nivel que a lingua e a cultura (xa que acultura tende a proceder da evolución histórica singular dun pobo ou nación), e dende logo de forma moito mais radical que o territorio. A historia amósanos a moitas nacións que sobreviviron a perda do seu territorio tradicional e mantiveron a súa unidade como pobo a pesares de ter que fuxir dos seus territorios de orixe. Quizais o caso máis significativo sexa o dos xudeus que o longo de practicamente2000 anos mantiveron a súa identidade e cultura. Outro caso podería ser o dos xitanos (se acaso de forma menos marcada, pero que igualmente manteñen unha serie de lazos culturais entre eles que non poden obviarse) ou, e este podémolo tomar medio en broma, o dos galegos espallados por todo o mundo adiante, que en moitos casos formaron nación no exilio e que aínda oxe e día, tratan amigablemente acanto compatriota atopan polo mundo.
Obviamente, xunto coa expugnación da historia o noso goberno de Madrid tamén pretende poñer tódalas trabas posibles o mantemento das linguas das distintas nacións peninsulares (voltamos de novo as palabras do señor Wert: "La consellera Rigau dijo el otro día que nuestro interés era españolizar a los alumnos catalanes. Pues sí, nuestro interés es ese, para quese sientan tan orgullosos de ser catalanes como españoles y que tengan una vivencia equilibrada de esas dos identidades que les enriquecen") ou sen irnos moi lonxe no século pasado, a prohibición da ensinanza das linguas peninsulares que non fosen o castelán, por parte de certo ditador que non imos a nomear (ou gobernante autoritario segundo a Real Academia da Historia).
O longo dos séculos,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Idea De Espana. Las Raices De La Nacion Espanola
  • como desmontar un motor
  • com desmontar un ordinador
  • Como Desmontar Un Molde De Inyección.
  • Como desmontar y bobinar un motor
  • Ideas principales de sentimientos de la nacion
  • La Idea De Nación En Colombia
  • España En La Sociedad De Naciones

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS