Economia 1

Páginas: 5 (1051 palabras) Publicado: 13 de octubre de 2014
(*)
CIENCIA SOCIAL (e a súa especialización, a ciencia económica).
A partir do tronco común da filosofía, despréndense tres grandes grupos de ciencias cuxa división se establece en función do obxecto de estudo:
1.Ciencias formais (matemáticas e lóxica).
2.Ciencias naturais (química, física, bioloxía etc).
3.Ciencias sociais.
A complexidade da realidade social obriga á parcelación endistintas especialidades, como podería ser a socioloxía, ciencia política, dereito, economía… Especialidades relacionadas entre sí. A ciencia económica concretamente xurde da necesidade de explicar os fenómenos que atinxen a creación e distribución da riqueza. E se desenvolven fundamentalmente a partir da aparición do capitalismo. Solemos considerar como precursores da ciencia económica aos autoresdenominados mercantilistas, en particular William Petty, e outros autores a Ilustración francesa. A ciencia económica creouse e desenvolveuse baixo a denominación de economía política que é a ciencia que se ocupa das leis da producción, a distribución no cambio e o consumo, e entre outros fenómenos a economía política intenta explicar os procesos de acumulación de capital, ou as leis. Orixinariamenteo paradigma central da economía política, é a libertade, como foi en xeral nas ciencias políticas e xurídicas, durante o SXVIII. Este paradigma se refire ás seguintes libertades, libre competencia, libre contratación dos traballadores, libre mercado nas relación entre consumidores e produtores, libre cambio do comercio entre países, libre movemento de persoas espacial e sectorial, libre movementodo capital, espacial e sectorialmente. En definitiva a economía política, é a ciencia que explica a es leis do funcionamento do capitalismo, e a súa evolución como ciencia formal madura, se podería resumir a través dos seguintes paradigmas:
1.Clásicos: Foron os primeiros autores que desenvolveron esta ciencia, enunciaron as leis máis xeral de funcionamento do capitalismo, e a súa concepción eraa histórica. É dicir, identificaron as leis da economía capitalista, como leis eternas, propias de toda organización social, rexidas por un principio elemental, que denominaron como man invisible. O seu énfasis explicativo, se daba en torno á produción e distribución da riqueza, e ás vantaxes do libre cambio, e da división do traballo. Entre os principais autores temos a Adam Smith, David deRicardo, Malthus, Stuart Nill, e outros.
2. Da escola clásica xorde unha corrente que é o marxismo, e que pode ser considerada como a primeria revolución científica na economía política. A obra central é O capital de Marx, e dentro deste paradigma se mantén o enfoque global da economía clásica, pero se desenvolve baixo unha nova óptica, que é a teoría do valor do traballo para resolver o problema decómo se obtén o excedente produtivo, introducindo o concepto de plusvalía. O seu paradigma, e a loita de clases, como motor de cambio, ou motor da historia, e a diferencia dos clásicos, considera ás leis históricas, non eternas.
3.Escola neoclásica, que parte tamén do corpo común da escola clásica, aínda que cambiando o ámbito de coñecemento. Xa non tratará de descrubir as leis de produción edistribución, se non que se baseará na relación entre medios escasos e fins alternativos, é dicir no problema da eficiencia. Así mesmo abandona o nome da economía política, para pasar a denominarse simplemente economía. Alguns autores falan de esta como unha contrarevolución científica, pois trataban de dar resposta aos plantexamentos marxistas. Neste caso xa non se pretende unha explicación globaldo capitalismo, se non dalgúns aspectos parciais do mesmo, serían a teoría do consumidor, da producción, do coste… que culmina coas teorías do equilibrio parcial e xeral de mercados. Partindo de premisas ríxidas, como por exemplo a libre competencia sin fisuras, elabora modelos de comportamiento teórico de produtores, consumidores, compradores e vendedores, baseados na maximización racional,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Economia 1
  • Economia 1
  • economia 1
  • economia 1
  • Economia 1
  • economia 1
  • Economia 1
  • Economia 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS