economia

Páginas: 5 (1164 palabras) Publicado: 30 de enero de 2014
PAMPÍN
Non sei se é nome ou alcume. Chámanlle Pampín. Se é nome propiamente, segundo os documentos, é tamén alcume, nome feito por nós, por todos nós... Un nós de moita largueza, no que caben rafegas de vento mariñeiro, disputas de gavotas arremuiñadas, escumas e ondas a correr pola area... É un mozote un pouco fazuleiro, ancho e duro. Vai sempre cunha caniña pequena e ben arrefeitada como unhabatuta. Vai pola ribeira facendo moitos relanzos. E coa caniña mil estremonías. A un neno deulle dous croques tan suaves, tan cheos de maxia, que o neno tivo unha súpeta e calada surrisa, e deixou de xogar un intre. A outro quitoulle a boina e fíxoa xirar na punta da cana. De seguida devolveulla e seguiu asubiando non sei que. Repara en todas as cousas, failles cariños ás pedras, e se algún suesteou calquera outra prenda cae dunha balconada, Pampín é sempre o que avisa.
Hai un pouco estaban dúas lanchas demasiado xuntas a bater. Pampín foi nunha gamela a desapartalas.
Onte –avenlle moitos días– axudou a turrar da rede. Pasaba por alí, e axudou. Cando chegou o cope, Pampín divirtiuse moito poñendo medo a un neno cun cangrexo. Despois reparou nunha cunchiña pequerrecha que fora copiandoos ceos de moitas matinadas, colleuna e foise. Non se lembrou de cobrar o quiñón. Certo é que despois volveu e apañou algúns peixiños que quedaran na area. Agora disque ten mentes de ir navegar. Poida que si. Levará a súa caniña e irá petando amorosamente con ela nas cousas do mundo. E cando, de volta, desembarque no peirao asubiando ou facendo que asubía, choutará pola ribeira a noticia, inxel,estourante, lucinte: —¡Veu Pampín!
Rafael Dieste: Dos arquivos do trasno






1. Sinala o lexema ou raíz das seguintes palabras:
– Vergoñenta: VERGOÑ
– Poderosas
– Boticario
– Curiosidade
– Imaxinario

2.- Escribe o artigo determinado esixido por cada un dos seguintes substantivos
a cabotaxe
o mel
ponte
cume
análise
crise
paréntese
diabetes


3.- Pon en plural asseguintes palabras
Mol:
Imbécil:
Bocoi:
Sal:
Chuchamel:
Civil:

4.- Completa os seguintes enunciados cun adxectivo do tipo indicado en cada caso.
– Lavou as costas cun _ [explicativo] estropallo.
– Ollaba como o rapaz se esvaía entre a _ [explicativo] chuvia que todo o cubría.
– A _ [especificativo] herba enchía todo o terreo ata o horizonte.
– O vento _ [especificativo] acariñaba o seucabelo.


5. Completa coas partículas comparativas axeitadas.

– Ten _ paciencia _ pensaba [superioridade]
– Antes andaba _ vestido _ agora [superioridade]
– Antía é _ riseira _ ti [superioridade]
– Esta xente non é _ violenta _ me dixeron [igualdade]
– Este libro non é _ aburrido _ parecía [igualdade]
– É case _ rico _ el [igualdade]


6.- Indica, nas formas verbais subliñadas nosenunciados, o seguinte:

a. Tema e morfemas.
b. Persoa, número, tempo e modo.
c. Indica se son regulares ou irregulares.


– Era luns pola tarde e as horas marcharan nun asubío.


– Ás catro da tarde chegaba o tren que viña de Ribadeo.


– Quixemos achegarnos ao lugar sen que se desen conta.


– Pasarían moitos anos antes de que volvese acontecer outro feito coma aquel.


– Puñan ascarteiras enriba da mesa e saían correndo a xogar.


– Fixestes unha boa trasnada.


7.- Completa os seguintes enunciados co verbo indicado en cada caso.
– Eu non _____ [espir, 1ª sg., pres. ind.] ao rapaz, se queres lo [espir, 1ª sg., pres. ind.) os dous xuntos.
_____ [amontoar, 3ª sg., pret. ind.] no faiado os xoguetes do seu fillo.
– Cando chamou, xa______[chegar, 1ª pl. antepret.] ácasa.
– Dixo que xa lle _______[poñer, 2ª pl. pospret.] o ferrollo á porta.
– Xa____[andar, 3ª pl. copret.] moito cando os _ [coñecer, 3ª pl., pret.].
– Non _[poñer, 2ª pl., pres. subx.] os pés enriba da mesa.



8.- Acentúa correctamente as palabras que o precisen:
facil, covardia, coctel, ataude, res, fibela, roñon, furacan, proer, hipotese, duas, textil, heroe, proteina, construen,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Economia
  • Economia
  • Economia
  • Economia
  • Economia
  • Economia
  • Economia
  • Economia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS