Edipo rey

Páginas: 11 (2664 palabras) Publicado: 17 de febrero de 2011
EDIPO REI




INDICE:
I. Diálogo entre iocasta e laio.
II. O descubrimento progresivo da verdade en edipo e no lector.
III. Comparación entre as personaxes de edipo e iocasta.
IV. Participación do destino na vida de edipo.
V. Frases.
VI. Análises da función do coro na obra.
VII. A profecía que seautocumpre.
VIII. Bibliografía.

I. Diálogo entre iocasta e laio.

* Laio: Querida estiven pensando moito desde que sei que vamos ser pais...
* Iocasta: Non te estarás a referir o que nos dixo o oráculo... ¿Non? ¿Non serías capaz de crer en semellante parvada?
* Laio: ¡Dende logo que o creo! Despois de todo, as profecías que enuncian os oráculos sempre se cumpren. So transmiten avontade dos deuses, Iocasta, e contra iso non hai nada que facer...
* Iocasta: ¡Négome a desfacerme do meu fillo, polas parvadas que diga un oráculo! ¡Por todos os deuses!
* Laio: ¡Acouga meu ben, acouga! ¿Non ves que é necesario? ¿Non es consciente de que se nos desfacemos do noso fillo librarémolo dunha vida infeliz e ao mesmo tempo ti salvarás a túa honra e eu a miña vida? ¡Pénsao miñarula!
* Iocasta: ¡Oh, Laio! ¡Oh, Laio! ¿Por qué me pides isto?
* Laio: É a única saída posible, non cho pediría se non fose así...
* Iocasta: ¡Adiante entón lévate a este meniño e fai o que sexa necesario! Pero faino rápido que non quero saber nada máis... (Falando baixo cara barriga) ¡Ai meu pequecho! ¡Ai meu pobre neno!

II. O descubrimento progresivo da verdade en edipo e nolector.
A medida que avanza a obra podémonos atopar certos pasaxes nos que personaxes secundarios dannos pistas aos lectores e máis a Edipo sobre quen é o asasino de Laio, aínda finalmente tamén descubrimos que, ademais ser o asasino, Edipo é o fillo de Laio sobre o cal o oráculo de Delfos vaticinara que xacería coa súa nai e mataría ó seu pai.

A primeira pista vennos dada da man do adiviño cegoTiresias e chamado ante Edipo e este (aínda que ó principio non quere dicir nada do que sabe) ante os insultos de Edipo acúsao de estar directamente involucrado no asasinato de Laio (dille que el é a causa das desgrazas en Tebas) e tamén lle di que está maldito. Sobre o asasino di que está cerca e que aínda que todos pensan que é un estranxeiro en realidade e de Tebas, cousa que Tiresias di que sedescubrirá, ademais enuncia que quedarase cego e será exiliado e o que é aínda máis importante, que será irmán e pai dos seus fillos, fillo e esposo da súa propia nai e asasino do seu pai.
Paréceme moi importante esta parte porque aínda que Edipo comeza a dubidar de si mesmo un chisco, rapidamente acusa a Creonte de estares confabulado co adiviño. Sen embargo a min cando lía esta parte deume aimpresión de que o adiviño dicía a verdade e que Edipo era o asasino, pero creo que tamén puido influír que xa coñecese de antemán que Edipo xacera coa súa nai (polo de “Complexo de Edipo”).

A segunda pista chega, cando inmediatamente despois de que Edipo acusase a Creonte vai falar con Iocasta e dille que as palabras do adiviño o teñen “angustiado” ó que Iocasta respóndelle dicíndolle quenon faga caso ós oráculos, que non teñen razón xa que os oráculos profetizaran a morte do seu anterior esposo Laio a mans do fillo que tiveran xuntos e que sen embargo Laio morrera a mans duns bandidos nun cruce de tres camiños e que o seu fillo foi dado a un campesiño para que o matara. Neste intre Edipo asustase o coñecer os detalles da morte de Laio, detalles como o seu aspecto, a súa escolta e olugar da súa morte; así que lle pide a súa dona que faga chamar o único supervivente e testemuña da matanza. Iocasta non comprende o medo que sente o seu esposo e é entón cando Edipo cóntalle a súa historia que era fillo de Pólibo e Mérope reis de Corintio pero que dubidara que fose o seu fillo natural, relátalle como foi visitar ó oráculo e este dille que será o responsable da morte do seu pai...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Edipo rey
  • Edipo Rey
  • Edipo rey
  • Edipo rey
  • Edipo Rey
  • edipo rey
  • Edipo Rey
  • Edipo Rey

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS