Ejercicios-Lengua-Gallega

Páginas: 9 (2092 palabras) Publicado: 28 de noviembre de 2012
LINGUA E LITERATURA 1º ESO


TEMAS 9 - 12



Edicións Xerais de Galicia S.A.



Unidade 9

E para demostrarme que tiña razón foi inspeccionar o souto que lle servira de tobo á fera. Entrei detrás del, sentindo como a cada paso me chantaban un cravo entre as costelas. O can negouse en redondo a meterse alí e agardounos fóra. Todo o chan estaba, como eu xa agardaba, remexido, como se oanimal se envorcallase alí. Nun cornello, un envurullo de roupas de muller. O meu pai desfixo o atadallo e estendeu as pezas, a blusa, a saia, o corpiño e a roupa interior, unhas botas, uns carpíns.
—O lobo debeu devorar algunha muller.
—Meu pai, iso non pode ser.
—Talvez a pastora da que nos falaron, ou outra.
—E trouxo as roupas deica acó?
—É posible.—E dobrounas e atounas?
—Non o sei.
—Esas non son roupas de pastora.
—Pois logo cal é a túa explicación?
—Non teño ningunha, meu pai. Pero...
—Pero que?
—As roupas non teñen nin unha soa pinga de sangue.


Xosé Miranda: Pel de lobo



1. Indica en que estilo está a parte dialogada do texto e logo transfórmaa ti e escríbea no estilo contrario.

1. Noprimeiro parágrafo do texto, localiza os pronomes átonos existentes e indica que función desempeñan.

2. Escolle a opción correcta:
a) Tivo que ser alguén coñecido quen díxocho.
b) Xa che teño dito que non te quero ver así vestido.
c) Che me contou unhas cousas interesantísimas.
d) Eu xa sabía que te era un home moi listo.

3. Escolle a opción correcta:
a) Chameiteonte pola tarde.
b) Chameiche onte pola tarde.
c) Che chamei onte pola tarde.
d) Te chamei onte pola tarde.

4. Substitúe o subliñado por un pronome átono.
a) Colleu as lambetadas ao irmán.
b) Tirou a pucha sobre a mesa.
c) Fixo os deberes para a clase de galego.
d) Recollín uns vídeos para o meu pai.
e) Preguntou a lección aos rapaces.








5.Indica a palabra correspondente a cada unha das definicións:
• Mesa feita para estar arrimada á parede, comunmente sen caixóns e cun segundo taboleiro a rente do chan: ___________.
• Peza de tea ou algodón que serve para cubrir a cama por enriba das mantas: ___________.
• Banco, xeralmente co respaldo e o asento acolchado, para sentar ou deitarse: ___________.
• Obxecto ou mobledestinado a pendurar ou colgar algo: ___________.
• Moble cunha feitura axeitada para colocar no canto formado por dúas paredes: _________.

6. Explica o significado das seguintes frases:
1. caer de caixón: ______________.
2. correr a cortina: ______________
3. deixar por portas a alguén: ______________

7. Escribe o topónimo correcto para cada un dos incorrectos que van aseguir:
• Rianjo: ______________.
• Sanjenjo: ______________.
• La Coruña: ______________.
• Puenteareas: ______________.
• Puebla de Trives: ______________.

8. Indica en que bloque dialectal foron pronunciadas as seguintes frases:
• Teño os pantalóns manchados de andar na corte das ghaliñas: __________
• É obrigatorio que os camiós leven as luses acesas polo día:__________
• Eu quero que vaiamos comer a Lindín, e tu?: __________
• Arránxame os baixos dos pantalois para que só se vexa a punta do zapato: __________

9. Escribe s ou x segundo corresponda:
ei_e e_tender e_ilio
madei_a e_cavadora sinta_e
e_terno e_trañar a_ila
apro_imar e_i_ir le_icolo_ía
e_ame e_a_erar e_hibir



Unidade 10


1. Comparaos dous poemas que tes a continuación.
• Examina as súas rimas e identifica cales son os factores que os dotan de ritmo.
• Analiza a súa forma e o seu contido.

Chegouse un cadelo ao Nilo,
púxose logo a beber
e como andaba intranquilo,
ao mesmo tempo a correr.
Unha grúa coroada
buscoulle conversación:
—Seu mozo, é cousa danada
beber nesa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lengua Gallega
  • Datos Básicos De La Lengua Gallega
  • Ejercicio De Lengua
  • Ejercicio de lengua
  • Ejercicios lengua castellana 1º ESO
  • Ejercicios matemática y lengua
  • Ejercicios Practicos Lengua
  • Ejercicios Lengua Habla

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS