Eneas e turno

Páginas: 7 (1608 palabras) Publicado: 15 de junio de 2010
Eneas

e

Turno

ÍNDICE

- Introdución ……………………………………………………………………….páx. 3
- Eneas……………………………………………………………………………...páx. 3
- Turno……………………………………………………………………………...páx. 3
- Eneas e Turno a partires de símiles…………………………………… ….páx. 4
- Imaxes…………………………………………………………………………….páx. 7
- Bibliografía………………………………………………………………………..páx. 8

INTRODUCIÓN:
A Eneida foi escrita por Virxilio durante osonce anos antes da súa morte. Trátase dun poema épico no cal volveu os ollos ao modelo homérico e creou unha nova síntese da epopea á vez histórica e mitolóxica. Nela mestura nome se fazañas gregas e latinas e recóllese, ao mesmo tempo, o que era o seu máximo obxectivo: a orixe de Roma e de Augusto.
No poema móstrase o máis pulido alexandrino, cun dominio soberbio dos discursos expresivo seescenas harmoniosamente articuladas cheas de poesía directa e sublime. Este estilo da épica, cos símiles homéricos e todo o demais, plasma os detalles que o poeta concibiu antes na súa mente. Desde o principio atopamos unha aguda observación dos detalles xunto con puntos de ironía, os cales fan contraste.
Por último, a épica de Virxilio é tradicional na medida en que segue as convencións homéricasmais, ao mesmo tempo, desafía a aceptación incuestionábel do ideal heroico, tratando de desafiara os seus contemporáneos.

ENEAS:
Virxilio trata de definir a natureza e a conduta dun heroe nunha época que xa non é heroica. Eneas é unha figura que subordina os seus desexos e aspiracións individuais ás necesidades doutros. Trátase dun heroe-grupo, calidade que Virxilio destaca constantemente, asúa pietas. Non se move con soberbia, pola contra, está baixo constante presión emocional e intelectual, conseguindo seguir a diante coa máxima dificultade e contra todos os presaxios.
Eneas é un home de destino que está posuído por unha forza sobrenatural que non pode soster o interese nel como un ser humano normal senón que as veces é débil e inseguro. Ademais, acepta o destino divinosacrificando a súa libre vontade .
A fraxilidade humana esencial de Eneas, o valor con que continúa unha misión case excesiva para levar sobre os seus ombros, relévase unha e outra vez no poema. Tamén é un home que trata de avanzar cara un futuro descoñecido a pesar da fatiga e o perigo, da desesperación e a dor punzante.
Durante a guerra do Lacio, preséntase unha imaxe dun xeneral xusto e cheo declemencia, que se preocupa polos seus propios homes, e xeneroso co inimigo.

TURNO:
Turno é un individuo que non pertence ao plan cósmico, debe sufrir porque as súas esperanzas e aspiracións son contrarias ás do destino.
Representa a valentía persoal, o individualismo irresponsábel, a enerxía bárbara en contraste coas virtudes públicas e sociais que Eneas trata de mostrar. É orgulloso eviolento. Turno loita pola súa propia gloria e reputación, mentres que Eneas para estabelecer a paz e traer a civilización.
A súa orgullosa confianza en si mesmo lévao a unha conduta arrogante desagradábel para os deuses.
Por último, Turno está dedicado ao vello modo homérico mentres que Eneas ten unha nova e civilizada actitude, tratando de comezar o camiño cara un novo modo.

ENEAS E TURNO APARTIRES DE SÍMILES:

Entre as múltiples observacións que se poden facer sobre esta obra de Virxilio, fixarémonos na forma de definir, mediante símiles, os dous guerreiros enfrontados.
Sen profundizar, convén advertir que o medio empregado, símil ou comparación, é un recurso literario común. Como tal figura poética pódese definir como unha comparación embelecedora na que están expresos os mediosgramaticais da comparación.
Dentro da narración épica, a importancia do símil era de primeira orde, existindo dous aspectos esenciais:
- serve como digresión de tipo ornamental
- búscase a precisión das descricións
Tal precisión lógrase a través dunha transferencia de calidades: mediante a identificación dun proceso ou obxecto con outro, as calidades transfírense ao segundo e,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Eneas Versus Turno
  • Dido,turno,eneas
  • turna
  • Turnos
  • Turner
  • Turner
  • Turno
  • turnos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS