ensayo

Páginas: 2 (382 palabras) Publicado: 6 de mayo de 2013
CARACTERÍSTICAS DA RAZÓN ILUSTRADA
A Ilustración é unha época de luz, é dicir, de brillo e esplendor da razón, segundo os seus propios
protagonistas. A razón debe ser audaz e desembarazarse detodas as tutelas: a tutela das
autoridades, a tutela de Deus -pénsese na Filosofía Medieval ou no recurso a Deus como
fundamento último do pensamento racionalista. A Ilustración négase radicalmente aaceptar a
autoridade da tradición, que fai parecer verdadeiros os erros e prexuízos, que mostra como xustos
os privilexios e as inxustizas, e non lle recoñece ningunha clase de valor.Efectivamente, o XVIII foi un século de cultivo e, ata, idolatría da razón, pero nun sentido
diferente do Racionalismo do século XVII. O xenuíno da Ilustración consistirá no seu peculiar
xeito de entender aclarificación racional, así como as cuestións a ela sometidas..
A “razón cartesiana”, infalible e omnipotente, “dogmática” segundo Kant, quedará, por obra do
empirista Locke, e posteriormente Hume,reducida aos límites da experiencia. O Empirismo
mostrou que a razón non pode prescindir da experiencia nin, consecuentemente, estender os seus
poderes máis aló do que a experiencia mostra. Facelosupón, para a Filosofía, problemas
insolubles ou ficticios.
A Ilustración fai súa esta lección de modestia e polemiza contra o dogmatismo da razón
cartesiana. Así, condénase o “espírito desistema”, é dicir, a tentativa da razón para proxectar
planos xenerais do universo nos cales os fenómenos observados sexan logo adaptados á forza.
Fronte á filosofía do XVII, de alta envergadura metafísica,os Ilustrados serán críticos coa
metafísica, mostraranse abertamente remisos aos sistemas pechados, desde dentro dos cales
explicábanse os tres ámbitos fundamentais da realidade: o eu, o mundo eDeus.
Para os Ilustrados o froito máis logrado da razón, totalmente oposto aos “sistemas” da filosofía
tradicional é a obra de Newton, Seguindo este modelo, que se expón como unha xeneralización...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ensayo de el Ensayo
  • ensayo de ensayo
  • Ensayo Del Ensayo
  • Ensayo de un ensayo
  • Ensayemos un ensayo
  • ensayo del ensayo
  • Ensayo del ensayo
  • Ensayo del ensayo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS