Estudio da cola xerada nunha oficina de novagaliciabanco

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 11 (2599 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 2 de septiembre de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
Estudio da cola xerada nunha oficina de NovaGaliciaBanco

Índice de ContidosÍndice de Contidos
Introdución: Elección dun tema.3
Dominio de Estudo4
Definición de conceptos fundamentais no contexto elixido5
Primeira aproximación á modelaxe de esperas6
Planificación da toma de tempos de chegadas e comezo e fin de servizo7
Elección das distribucións9
Distribución para os tempos de chegada9Test de bondade de axuste10
Distribución para os tempos de servizo10
Test de bondade de axuste12
Elección final do modelo12
Formulación de cuestións de interese13
Limitacións do estudo levado a cabo17
Posibles extensións máis realistas18

Introdución: Elección dun tema.
Para a realización deste traballo baralláronse dúas opcións desde un primeiro momento. Unha delas era a que finalmentese levou a cabo, e a outra era a medición das colas que se xeran na oficina de expedición dos documentos nacionais de identidade da rúa Alférez Provisional. Sen embargo, o temor a que a policía alí presente non deixara tomar os tempos, fixo que se optase pola medición das colas na oficina de NovaGaliciaBanco de Matogrande.
Por experiencia sabíase que alí se formaban colas tódolos días, polo tantoconsiderouse que sería un bo caso de estudo.

Dominio de Estudo
Resúmese a continuación os aspectos máis importantes do sistema que se vai estudar:

Existe unha única cola, e dúas caixas onde se atenden os clientes. A cola está controlada por número, de xeito que se tomou como chegada dun cliente a cola coma o momento no que o cliente toma o número.
Non hai diferenza algunhaentre as dúas caixas, calquera operación que se realice en unha pódese realizar na outra, e viceversa.
Non hai límite para o tamaño da cola, non hai ninguén que a limite, e se se dera o caso de que a xente que está na cola non collese na oficina, esperaría fóra da mesma sen ningún problema.
Do mesmo xeito, a poboación potencial é infinita, non hai límite para o número de clientes.O estudo realizouse o día 3 de Xaneiro de 2012, de 10:30 a 12:30 da mañá. Realizouse nese momento buscando que se formase cola. Tentou realizarse o día 2 a mesma hora, pero un problema eléctrico na oficina fixo que non se formase cola, pois as caixas non estaban funcionando e a xente non quedaba esperando a que se solucionase.

Definición de conceptos fundamentais no contexto elixidoDetállanse a continuación diferentes conceptos fundamentais da teoría de colas en relación o caso de estudo elixido:

O servizo ofrecido é calquera operación bancaria que o cliente queira realizar, tal como un ingreso en conta, o pago dun recibo, o cobro dun cheque etc.
O número de servidores é de dous, correspondentes as dúas caixas da oficina.
O cliente é aquela persoa que solicitarealizar algún dos servizos descritos.
O número de colas é de unha, independentemente do número de servidores que houbera.
O tempo de espera ven determinado pola diferenza entre o momento en que o cliente entra no sistema, é dicir, a cola se a houbese ou directamente a caixa se fose o caso de non haber cola, e o momento en que o cliente comeza a ser atendido en unha das caixas(servidores).
O tempo de servizo, ven determinado pola diferenza entre o momento en que o cliente comeza a ser atendido no servidor, e o momento en que o abandona.
A capacidade da cola é infinita, pois non se encontra limitada polas dimensións da oficina.
A poboación potencial é infinita.
A disciplina que segue a cola é FIFO, o primeiro que chegue será o primeiro que seráatendido.

Primeira aproximación á modelaxe de esperas
Polo comentado no apartado anterior dedúcese que o modelo é do tipo G/G/2, xa que hai dous servidores, e a capacidade da cola e a poboación potencial son infinitas. Nos seguintes puntos determinarase que distribucións verifican os tempos de chegada e servizo medidos.

Planificación da toma de tempos de chegadas e comezo e fin de servizo...
tracking img