Expresion corporal

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 5 (1172 palabras )
  • Descarga(s) : 4
  • Publicado : 12 de junio de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
TRADUZÓN CATALÁN-GALEGO DO TEXTO

REDACCION: QUIM MONZÓ

Que fixen o domingo ? Domingo foi un día que fixo moito sol e fun pasear con papá e mamá. Mamá levaba un vestido beis, cunha rebeca de cor branca óso, e papá un xersei azul e uns pantalóns grises e unha camisa branca, aberta. Eu levaba un xersei de pescozo pechado, azul como o xersei de papá, pero máis claro, e unha chaquetamarrón, e uns pantalóns tamén marróns, un pouco máis claros que a chaqueta, e unhas bambas vermellas. Mamá levaba uns zapatos claros e papá uns negros. Paseamos pola mañá, e fomos almorzar ao Balmoral. Almorzamos un suízo e unha ensaimada rechea, a media mañá, e eu pedín croissants. Despois vimos as flores, había vermellas e amarelas e brancas e rosas, até azuis, que papá dixo que eran tinguidas; eherbas verdes, e violetas, e paxaros grandes e pequenos, e papá comprou o xornal nun quiosco. Tamén miramos os escaparates, e papá díxolle a mamá que se dese présa, cando estabamos moito intre diante dun escaparate con xerseis. E despois sentámonos nun banco verde, nunha praza, e había unha señora maior, co pelo branco e os bochechas moi vermellas, coma tomates, que daba comida ás pombas, elembrábame á avoa, e papá todo o intre lía o xornal e eu díxenlle que me deixase mirar os debuxos e deixoume medio xornal e díxome que non o estragase. Despois, cando xa subiamos para casa, mamá, porque papá todo o intre lía o xornal, díxolle que xa estaba farta, e díxolle que sempre o lía e que xa estaba farta. Que o lía en casa, almorzando, comendo, na rúa, camiñando ou nun bar, ou cando paseabamos. Epapá non dixo nada e continuou lendo, e mamá insultouno e despois era coma se soubéselle mal, e bicoume e despois, mentres mamá estaba na cociña preparando o arroz, papá díxome que non lle fixese caso. Comemos arroz con salsa, que non me gustaba, e carne con pementos fritos. Os pementos fritos gústanme moito, pero a carne non, que está moi crúa, porque mamá di que así está máis boa, pero ao meunon me gusta. Gústame máis a carne que me dan no colexio, ben quemadiña. Do colexio non me gustan os primeiros pratos, nunca. En cambio, en casa danme viño con gasosa. No colexio non. Despois, pola tarde, viñeron os tíos, co primiño, e os tíos puxéronse a falar na sala, cos papás, e a tomar café, e o primiño e eu fomos a xogar ao xardín, e xogamos a madelmans e cun futbolín e á pelota, e co camiónde bombeiros, e a guerras de astronautas, e o primo púxose moi parvo porque perdía, e a min é que me molesta moito o primiño, que non sabe perder, e tiven que pegarlle unha labazada, e púxose a chorar moi moi forte e viñeron mamá e a tía e o tío, e mama dixo que me pasara, e antes de que eu contestáselle o primiño dixo pegoume, e mamá deume unha labazada, e eu tamén me puxen a chorar e volvemostodos á sala e mamá collíame pola man e papá lía o xornal e fumaba un puro que lle trouxo o tío, e mamá díxolle os nenos están no xardín, matándose, e o teu aquí tan tranquilo. A tía dixo que non tiña importancia, pero mamá díxolle que sempre pasaba o mesmo, que ás veces se fartaba. Despois os tíos marcháronse, e cando se ían o primo fíxome burlas e eu tamén lle fixen a el, e papá acendeu otelevisor, que facían futbol, e mamá dixo que cambiase de canle, que no segundo daban unha película, e papá dixo que non, que estaba a mirar o partido e que non.
Despois eu fun ao xardín, a ver a boneca que teño enterrada á beira da árbore, e saqueina e acariñeina e rifeina porque non se limpou as mans para comer e despois volvina a enterrar, e fun á cociña, e mamá choraba e díxenlle quenon chorase. Despois, senteime no sofá, á beira de papá, e mirei un intre o partido, pero despois aburríame e mirei a papá, que era coma se tampouco o mirase, o partido, e coma se estivese noutro sitio ou pensase moito. Fixeron anuncios, na televisión, que é o que máis me gusta, e despois a segunda parte do partido, e eu fun a ver a mamá, que preparaba a cea, e despois ceamos e fixeron unha...
tracking img