Ficha curricular aristóteles

Páginas: 7 (1720 palabras) Publicado: 2 de junio de 2011
ARISTÓTELES

MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL

Crítica da doutrina platónica

Aristóteles foi un discípulo de Platón que permaneceu na súa Academia durante vinte anos, ata a morte do seu mestre. Posteriormente fundaría a súa propia escola, o Liceo.
Aristóteles rexeitou importantes elementos da filosofía do seu mestre. Rexeitou a teoría das ideas subsistentes e a identificación dos saberesteórico e práctico.
Mais as diferencias entre ambos non só son doutrinais, senón que tamén de talante e estilo. Platón non escribiu diálogos nos que se abordaban múltiples cuestións, mentres que o seu discípulo escribiu tratados dedicados a expoñer sistematicamente cada unha das ramas do saber, de modo que presenta un aspecto máis rigoroso, atopándose nula a beleza literaria. Un e outro tamén difirende modo substancial na orientación última do seu pensamento: Platón tiña mente de matemático, mentres que a de Aristóteles era de biólogo.

O proceso de abstracción fronte ao acceso dialéctico ás ideas de corte platónico.

Aristóteles, discípulo de Platón, rexeitou claramente unha das teorías máis sobresaíntes de Platón: a da existencia dun mundo no que se atopan todas as ideas, que seríanreproducidas no mundo sensible grazas á intervención dunha intelixencia mediadora entre ambos os mundos. Deste modo, deberíase considerar que as ideas son innatas, que xa existían na nosa mente (alma) antes de que esta se unise ao noso corpo, polo que cada vez que aprendamos algo non estamos a facer máis que recordar eses conceptos esquecidos tras a unión do corpo e a alma.
Como xa foi exposto,Aristóteles mostrouse contrario a tales afirmacións, negando a existencia do mundo das ideas e elaborando unha nova teoría sobre a aprendizaxe. Para el, as ideas non proceden de ningún mundo exterior ao noso, senón que as ideas se forman mediante un proceso de abstracción tras a observación empírica. Así, tras observar as cousas existentes varias veces, a nosa mente separaría as característicascomúns delas, de xeito que se formaría unha idea universal da realidade que foi percibida.

O tránsito cara o mundo helenístico.

No período helenístico, o vasto Imperio formado por Alexandre o Magno e as monarquías que deu lugar a súa fragmentación abriron grandes áreas xeográficas á cultura helenística e remataron coa estructura política dos estados gregos. A nova situación política influiupoderosamente no pensamento filosófico, xa que na época arcaica as pequenas polis constituiran a comunidade política fundamental, o único ámbito no que a vida política e a integración cidadá eran posibles e racionais. Ademais, tras estes cambios, os gregos perden unha dimensión esencial das súas vidas: a participación activa na organización e destino da súa propia polis.
As catro grandes escolasfilosóficas que protagonizaron o pensamento no período helenístico foron a platónica, aristotélica, o epicureísmo e o estoicismo, todas aínda vixentes durante o Imperio Romano.
Platonismo, aristotelismo e estoicismo mantiveron un continuado e intenso intercambio entre eles: os tres opúñanse conxuntamente á doutrina epicúrea considerándoa atea e licenciosa. Ademais experimentaron un proceso deachegamento mutuo no que se aproximaron as súas posturas doutrinais.
Neste proceso de 'sincretismo', o platonismo resultou ser máis forte, converténdose na principal corrente filosófica e acollendo dentro dela elementos doutras escolas. A partir do século III d.C., a única doutrina vigorosa e con filósofos de categoría é o neoplatonismo. En realidade, a historia da filosofía grega desde o século III atao século VI non é outra cousa que a historia do neoplatonismo. Con razón se afirmou que o neoplatonismo foi o único interlocutor de talla co que tiveron que se enfrontar os pensadores cristiáns. O filósofo neoplatónico máis importante foi Plotino, pensador que influiría decisivamente en San Agustín.

COMPRENSIÓN

A kínesis ou o cambio. Os principios do cambio
Segundo Aristóteles, a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • FICHA DE EVALUACIÓN CURRICULAR
  • ficha de resumen aristoteles
  • ANALISIS DE LA FICHA CURRICULAR
  • fichas bibliograficas de platon, socrates y aristoteles
  • ficha curricular
  • Ficha curricular
  • Ficha Bibliográfica Aristóteles: "Poética" Edición Electrónica De Www.Philosophia.Cl
  • Ficha Curricular Hugo Maldonado

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS