Fondo monetario internacional

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 22 (5258 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 16 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Armesto Ferrín
Blanco Ameijenda

ÍNDICE

1. O Fondo Monetario Internacional…………………………………………….……… 3
2. Antecedentes e orixe …………………………………………………………………….. 3
3. Misión do FMI ……………………………………………………………………………….. 4
4. Funcionamento do FMI …………………………………………………..…………….... 6
5. O Dereito Especial de Xiro ……………………………………………..……………….. 7
6. Fontes de financiamento do FMI…………………………………..…………………. 9
7. Receptores de financiamento do FMI …………………………..………………….. .10
8.1. Plan de Axuste Estrutural …………………………..……………………. 12
8.2. Crítica: o caso africano ……………………………..……………………... 13
8. Influencia do FMI sobre os sistemas cambiarios ……….…………………….….. 16
9. Conclusións …………………………………………………………….………………………… 17
10. Bibliografía………………………………………………………….……………………….…… 19

1. O Fondo Monetario Internacional (FMI)
O FMI é un organismo económico internacional creado nunha convención da ONU. A sede do mesmo está ubicada en Washington, D.C. e forma parte das Nacións Unidas. Dende o 28 de xuño do presente ano, a Directora Xerente é a francesa Christine Lagarde.
A excepción de Cuba, Corea do Norte, Liechtenstein, Mónaco, Nauru e Andorra, os seus membros son oscompoñentes da ONU (187 países) e Kosovo. Tampouco forman parte do FMI a Cidade do Vaticano e a República Popular China.

2. Antecedentes e orixe
O Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial constitúen, xunto cos bancos rexionais de Desenvolvemento, as denominadas Institucións Financeiras Multilaterais. Ambas viron a luz a un tempo, en xullo de 1944 nunha Conferencia Internacionalsobre Asuntos Monetarios e Financeiros, convocada polo Presidente norteamericano Roosvelt, no complexo turístico de Bretton Woods .
O obxectivo de dito encontro era aprender do pasado, tratando de evitar a reprodución dos erros de “desgoberno económico” cometidos tras a I Guerra Mundial (que, seguidos pola Gran Depresión e as políticas de “empobrecer ao veciño” xeraran un caldo de cultivo que tivomoito que ver co estalido da 2 gran guerra). Pretendíase, en definitiva, crear unha nova orde económica internacional, integrada por tres eixos principais: un novo sistema monetario e financeiro, un marco regulador do comercio e unhas condicións para o crecemento económico e o pleno emprego.
A Bretton Woods chegaron dúas propostas principais , defendidas respectivamente por Gran Bretaña (plantexadas por Keynes) e os Estados Unidos. Ambas, por tanto, chegaban polo lado dos vencedores da guerra, pero a posición de partida non estaba, nin moito menos equilibrada. EEUU conseguiu facer prevalecer a súa posición de forza, impoñendo ademais o dólar americano como moeda de referencia do novo sistema monetario.

3. Misión do Fondo Monetario Internacional
Os obxectivos asignados ao Fondo noartigo I dos seus estatutos expresan as conviccións comúns que fixeron posible o compromiso de Bretton Woods. Destes obxectivos derívanse catro funcións principais.
Artigo I dos Estatutos do FMI
Os obxectivos do Fondo Monetario Internacional son os seguintes:
I) Fomentar a cooperación monetaria internacional por medio dunha institución permanente que sirva de mecanismo de consulta ecolaboración en cuestión monetarias internacionais.
II) Facilitar a expansión e crecemento equilibrado do comercio internacional, contribuíndo así a acadar altos niveis de ocupación e de ingresos reais e a desenvolver os recursos produtivos de todos os países membros como obxectivos primordiais de política económica.
III) Fomentar a estabilidade cambiaria, procurar que os países membrosmanteñan réximes de cambios ordenados e evitar depreciacións cambiarias competitivas.
IV) Axudar a establecer un sistema multilateral de pagos para as transaccións correntes que se realicen entre os países membros e eliminar as restricións cambiarias que dificulten as expansión do comercio mundial.
V) Infundir confianza aos países membros...
tracking img