Frankenstein educador

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 9 (2248 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 3 de marzo de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
FRANKENSTEIN EDUCADOR


Existen moi diversas formas de concebir a educación. A introducción na sociedade implica un acatamento de normas e un adoutrinamento en valores, polo que aquí a educación xa non só sería un instrumento para transferir coñecementos senón para formar persoas íntegras e independentes. A idea de “formación” pode traer moitos quebradeiros de cabeza. Philippe Meirieu baseao seu libro na concepción da educación como fabricación comparando aos mestres con Víctor Frankenstein, sen embargo, a medida que se avanza na lectura do mesmo, pódese comprobar como o que en realidade pretende o autor é desembarzarse desta concepción, xa que cando educamos debemos ter en conta que nos atopamos ante suxeitos que se constrúen e non ante obxectos en construcción. Sería pois unhapraxis, non unha poiesis, como ben diferencian Cornélius Castoriadis e Francis Imbert, e é ese non dominio da obra, esa imprevisibilidade o que da medo ao autor, o mesmo medo e impotencia que sinte Víctor coa súa creación sería o que os mestres sinten moitas veces cos seus alumnos/as, e é aquí cando se presenta a gran dificultade da educación.

A instrucción é obrigatoria pero non se ten poderde decisión sobre o outro, neste caso sobre a decisión de aprender. Aprender é facerse obra de un mesmo, superar a mismeidade, o idem para lograr o ipse , crear a nosa diferenza. Surxe pois a idea da “pedagoxía diferenciada” dentro dun contexto de masificación das aulas e de democratización da educación. A chamada educación comprensiva, pretende encarar a educación atendendo ás necesidades eintereses de cada alumno/a, en contraposición á educación tradicional, que soamente se preocupa de transmitir coñecementos e moitas veces carentes de sentido para os alumnos/as, xa que non responden a interrogantes da súa vida diaria nin a aplicacións prácticas, o que fai que se cree un pensamento teórico só aplicable ao ámbito escolar separado doutro práctico para o seu ámbito diario fóra da escola.Isto réstalle funcionalidade á mesma e fai que se lle considere a principal causante do fracaso escolar. Con elo a sociedade na que vivimos con exceso de información fai que se lle reste importancia a esta institución sobre todo dende o punto de vista da aprendizaxe tradicional de coñecementos vacuos limitados ao saber de libro. O que nos leva á necesidade de cambiar esta imaxe negativarealizando un esforzo conxunto para levares a cabo unha revolución copernicana da educación.


Hai que atender tamén á dimensión emocional do alumno/a e non ceñirse soamente ao ámbito dos coñecementos, pois esta dimensión sen a anterior carece de sentido e agudiza os problemas de comprensión e falta de motivación do alumno/a, xa que todo
saber ben aprehendido precisa responder sempre ainterrogantes xerados a partires das experiencias propias e ha de servir para responder a estes, facéndose así útiles e aplicables para a vida do mesmo. Así como dicía Henry Bergson:

“ O noso espírito ten unha tendencia irresistible a considerar máis claras as ideas que lle son útiles máis frecuentemente”.

Falamos pois dunha educación funcional e do sentido e utilidade dos saberes, de inscribir asproposicións culturais que permitan ao neno/a crecer nunha dinámica na que poida convertirse en suxeito. Ao igual que defende Claude Lévi-Strauss no seu Pensamento salvaxe: As cousas non son coñecidas por seren útiles, son declaradas útiles ou interesantes porque xa son coñecidas; e é o feito de que teñan que ver con interrogantes esenciais que nos constitúen na nosa humanidade o que fai que sexancoñecidas.
É necesario saber plantexar os problemas. Para un espírito científico, todo coñecemento é unha resposta a unha pregunta. Nada é espontáneo, nada está dado, todo se construe.
E é no mesmo acto de coñecer onde aparecen, por unha especie de necesidade funcional, os entorpecementos e as confusións. É ahí onde amosaremos causas de estancamento e ata de retroceso, falando de obstáculos...
tracking img