Gallego

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 3 (660 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 28 de febrero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
 

BILINGÜÍSMO E DESIGUALDADES. PREXUÍZOS. 
 

O contacto lingüístico consiste no encontro de dúas ou máis linguas nun mesmo espazo xeográfico. Unha consecuencia deste encontro é o bilingüismo que sedistingue entre o bilingüismo social e o bilingüismo individual aínda que estean relacionados. A sociolingüística e a psicolingüística ocúpase de estudar estes dous fenómenos. 
No bilingüismoindividual, o individuo bilingüe é aquel falante nativo de dúas linguas; o bilingüe incipiente simplemente ten coñecemento dunha lingua estranxeira e defínese como bilingüe aquel individuo cunha competenciasemellante en dúas linguas. Tense en conta a competencia ou grao de coñecemento, o uso e nos ámbitos no que se emprega e as vías de coñecemento da lingua. 
A competencia lingüística é a habilidadepara utilizar e interpretar unha lingua en función do contexto. Podemos repartilas en tipos, que son a competencia lingüística que consiste na correcta utilización do código, a discursiva ou empregoaxeitado dos procedementos, a sociolingüística, uso adecuado da lingua nos diferentes contextos e a estratéxica baseada no dominio das estratexias verbais e non verbais. Segundo as destrezas distínguenseentre pasiva, é dicir, ter a capacidade de entender pero non expresarse e activa, capacidade de construír enunciados intelixibles.
O xeito de adquirir o bilingüismo depende dos axentes detransmisión lingüística implicados. Diferénciase entre primarios, de comunicación directa e persoal que xorde na familia, comunidade ou institucionalizada, na escola; e secundarios, nos que destacan os medios decomunicación como comunicación institucionalizada. Por outra lado, segundo o xeito de adquisición pódese distinguir entre bilingües iniciais ou de adquisición espontánea e bilingües secuenciais deadquisición espontánea e aprendizaxe sistemática. 
Segundo o seu uso existen os que poden utilizar as dúas linguas en todos os contextos que son os chamados bilingües equilibrados e os parciais que...
tracking img