Geografía

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 13 (3121 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 7 de diciembre de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
A INFLUENCIA DO MEDIO NA ACTIVIDADE HUMANA

O medio natural inflúe na actividade humana de dúas formas diferenciadas: dunha forma positiva a través dos recursos que proporciona e doutra negativa como consecuencia dos riscos que comporta.

O MEDIO NATURAL COMO RECURSO

O medio natural achega recursos ao ser humano. A súa valoración e o seu aproveitamento variaron co tempo.

O relevo comorecurso

O relevo continental español achega recursos e garda relación con certas actividades humanas.

- Inflúe nos asentamentos: xa que estes buscan as localizacións máis favorables en funcións das necesidades de cada momento histórico.

- Intervén na actividade agraria: As zonas chairas e baixas ofrecen mellores condicións que as elevadas e con fortes pendentes.

-Proporciona recursos minerais e enerxéticos: estes varían en función da antigüidade xeolóxica.

- Aféctalles ás comunicacións: na Península, a disposición periférica do relevo montañoso dificulta as comunicacións entre a Meseta e o litoral.

- As peculiaridades do relevo poden constituír un atractivo turístico: este é o caso das montañas alpinas, de certas formacións calcáreas como CidadeEncantada de Cuenca ou de formacións graníticas como a Pena da Corneira.

O relevo costeiro mediterráneo resulta desfavorable para a instalación de portas, polo predominio das formas rectilíneas, e para os recursos pesqueiros, pola escasa anchura da plataforma continental. En cambio favorece a actividade turística.

O clima como recurso

O clima como recurso inflúe das seguintes formas:

-Inflúe na distribución da poboación e no hábitat: a poboación evita as zonas con climas adversos. As características de este clima tamén serán un factor definitivo á hora de determinar as características da casa tradicional da zona.

- Exerce un notable influxo na agricultura: pois os cultivos requiren unhas condicións térmicas e pluviométricas moi concretas.

- A atmosfera achegafontes de enerxía renovables e limpas.

- O clima intervén en diversas actividades do sector terciario: o transporte vese prexudicado por fenómenos como xeadas, fortes precipitacións e néboas. En cambio, o turismo dalgunhas rexións baséase no clima.

A auga como recurso

O uso da auga

A auga é esencial para a vida na Terra e para numerosas actividades humanas. Algúns dos usos máis comúnsda auga son.

- Entre os usos consuntivos ou consumidores da auga destacan o regadío agrario, o uso polos sectores económicos e o uso nos fogares e municipios.

- Entre os usos non consuntivos da auga atópanse a pesca, a acuicultura, a produción hidroeléctrica, a navegación e os deportes náuticos.

O balance hídrico

En España, os recursos hídricos proceden sobre todo asprecipitacións, que alimentan as augas superficiais e os acuíferos. Existe un déficit hídrico anual en torno a 3000-4000 hm^3, debido á incidencia ducha serie de problemas:

- A irregular distribución dos recursos: os ríos, que constitúen a principal fonte de abastecemento, presentan unha forte irregularidade estacional e interanual e unha desigual distribución espacial. Polo que existen concas conexcedentes e concas con claros déficits. A auga procedente dos acuíferos, da desalinización mariña e da reutilización das augas depuradas representa un volume moito menor.

- A irregular destribución da demanda: esta concéntrase na área maior dinamismo económico e demográfico, o arco mediterráneo, cuxos recursos son escasos.

- A insuficiencia dos encoros e as perdas de auga: a augaalmacenada nos encoros non abonda para cubrir a demanda en alza. A este problema súmanse as importantes perdas anuais de auga motivadas polo uso de sistemas de rega inadecuados e polas fugas das coducións.

As obras hidráulicas

As obras hidráulicas son as infraestruturas construídas para regular os recursos hídricos e mellorar a calidade da auga.

-As obras para regular os recursos...
tracking img