Harvey molotch e marilyn lester : “noticias de accidentes: o grande verquido de petróleo a xeito de suceso local e acontecemento nacional”.

Páginas: 6 (1257 palabras) Publicado: 24 de marzo de 2012
O mundo no que vivimos é un mundo composto por una sociedade que actúa en masa. Atendendo a isto é preciso destacar o papel dos medios, pois xogan un papel fundamental no desenvolvemento deste. Os medios actúan como “guias” da sociedade definindo que está ben e que non o está e tamén se encargan de poñer as estiquetas a todo o que acontece.
Por tanto, se atendemos a todo isto e nos fixamos notexto de Harvey Molotch e máis de Marilyn Lester, pódese entender mellor o poder que os medios teñen na/sobre a sociedade e qué relación gardan con ela en función do poder da devandita.
O texto en concreto trata sobre o verquido de petróleo que tivo lugar sobre as costas de Santa Bárbara é a cobertura que deron os medios. Trala lectura deste é evidente que os medios teñen o poder absoluto de facerque toda unha masa social pense dun xeito determinado sen que este pensamento se aproxime nin un chisco a realidade.
Trala lectura, tamén queda claro de xeito evidente que os medios escollen as noticias de xeito que poidan manter así o dominio ideolóxico sobre as persoas e que non se produza fractura ninguna que afectaría a partes do máis diversas.
Os profesionais dos medios son capaces dedeterminar que é importante e que non ten importancia dos sucesos que ocorren a diario no mundo, isto é, ao longo do día teñen lugar miles de acontecementos no mundo e non todos se verán publicados nos xornais e polo tanto non todos chegaran a oídos da xente. Os xornalistas na súa maioría son quenes de determinar que acontecementos son os importante e cáles non, pois o único que teñen que facer épublicar os que así consideren partindo dos seus principios e a partir de entón a importancia quedará xa determinada. Por tanto, o que determina a importancia dos sucesos no mundo non é tanto a a natureza do propio mundo senón os medios e os seus xornalistas.
A conclusión máis sinxela a que se pode chegar é que os medios máis que para informar (que tamén o teñen que facer) publican as noticias paramanter ese control social e político que conseguen coa súa actividade.
Molotch e Lester falan de obxectivos inmediatos. Este termo permite determinar que sucesos se convirten en noticias e cáles non, pois en función do contexto no que teña lugar un suceso e en función do que este a acontecer no mundo nese momento, ese suceso se convertirá ou non en noticia. Polo tanto este concepto permite explicarporque nalgunhas ocasións un acontecemento determinado se convirte en noticia e noutras, outro semellante, non o fai.
Os medios amáis de publicar o que teñen a conveniencia polos motivos que sexa, tamén pensan do xeito contrario. Eles pensan en publicar algo determinado que lles convén xerando así os acontecementos noticiosos, pero moitas outras veces pensan que algo non se pode publicar porquepode xerar problemas, constituíndo así os non-acontecementos.
Un exemplo moi interesante para entender o falado ata este punto é do que botan man Molotch e Lester. Cando aconteceu o verquido do que se fala ao longo de todo o texto, ocorreu o que acontece no dia a dia. En torno a este desastre ecolóxico había dous grupos diferenciados que representaban á perfección os dous pensamentospredominantes en torno a este acontecer. Por un lado se atopaban os ecoloxistas e veciños de Santa Bárbara (incluíndo os poderes locais) e por outro o Departamento de Interior e as compañías petroleiras. Ben, cada un destes grupos defendía os seus intereses e o que pensaban que estaba a acontecer, intentando lograr que o que pensaban e do que falaban tornara en acontecer nacional. Aquí xorde polo tanto unnovo concepto moi relacionado con todo este mundo dos medio como é o de competitividade, pois ámblos dous grupos utilizaban os medios coa finalidade de dar a coñecer a súa opinión de xeito competitivo.
Ademáis, os medios de comunicación non actúan de xeito semellante en tódolos lugares pois depende da cultura e do contexto do lugar amáis de se son de ámbito local ou de ámbito nacional. Polo xeral...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Noticias Locales
  • Un suceso hist rico en mi localidad
  • Un suceso hist rico en mi localidad
  • Accidentes Y Complicaciones De La Anestesia Local
  • Análisis de noticia
  • accidentes de derrames de petroleos
  • accidentes y derrames de petroleo en el Perú
  • Geografia: local, regional y nacional

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS