Historia

Páginas: 19 (4503 palabras) Publicado: 5 de octubre de 2013
POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA

O SÉCULO XX: ÉPOCA DE CAMBIOS
Os primeiros anos do século foron unha continuidade do anterior: cada gran potencia europea
gozaba dos logros atesourados durante a revolución industrial e o colonialismo decimonónico.
Pero a Primeira Guerra Mundial (1914-1918) tivo consecuencias transcendentais a nivel mundial
na sociedade, na economía e na organización política.Novas potencias como Xapón ou Estados
Unidos entraron con forza no escenario das rivalidades internacionais e un novo estado socialista,
a URSS (Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas), presentaba unha alternativa ao modelo
económico e social capitalista trala Revolución bolxevique en 1917.
No ámbito económico, na década de 1920, os países máis avanzados gozaron dun extraordinariodesenvolvemento económico grazas aos avances tecnolóxicos derivados do uso do petróleo e
da electricidade que estimularon a creación de maquinaria e comodidades. A riqueza, malia o
repartimento desigual, chegou a amplos sectores sociais. A sociedade pareceu alcanzar a felicidade
co consumo masivo, facilitado polo novo sistema de venda a prazos e estimulado polas continuas
mensaxes publicitarias. Asímesmo, como reacción ás penurias da guerra, desenvolveuse un clima
de liberación, de bohemia e de festa, polo que esa etapa se coñece co nome de Os tolos anos vinte.
En 1929 produciuse unha profunda crise económica que levou ó afundimento das economías
europeas, sobre todo a alemá, a penas recuperada da ruína causada pola Guerra Mundial. Esa
profunda crise económica, coñecida como o crack do29 ou a Gran Depresión, puxo fin á década
de bonanza e os traballadores da Europa rica víronse incapaces de manter o seu nivel de vida,
o que posibilitou o espallamento de ideoloxías totalitarias como o fascismo e o nazismo para
defender os intereses do capitalismo fronte á expansión do ideario comunista entre os empobrecidos
traballadores europeos.
Nas Artes creadores europeos e americanosiniciaron un camiño anovador e rupturista. Esta ruptura
coas concepcións estéticas vixentes ata entón supuxo que a imaxinación se convertese no xeito máis
auténtico de interpretar a realidade. A arte xa non imitaba a natureza, senón que pretendía crear
ela unha nova realidade. O subconsciente, o mundo dos soños e os procesos psicolóxicos do home
convertéronse entón en materia artística. Todoisto levou a que as obras de arte reflectisen aspectos
da realidade que endexamais se expresaran. Estamos no inicio das vangardas.
A arte contemporánea: unha nova visión do mundo
As obras da arte contemporánea que podemos visitar nos museos e exposicións
ou observar nas reproducións dos libros presentan ante nós unha nova visión do
mundo. Durante moitos séculos as representacións artísticasdebían expresar
a "auténtica realidade" e ser expresión dos ideais relixiosos, políticos e culturais da
sociedade na que se desenvolvían. Os artistas, durante séculos, foron os encargados
de transmitir a través das súas obras estes valores representativos dunha determinada
época. A defensa que moitos pintores, escultores, etc., fixeron do valor social e
intelectual do seu traballo lévannos apensar nas dificultades que atopaban para
conseguir unha mellor consideración social e non seren considerados como meros
artesáns. Os artistas da época contemporánea enfocan o seu labor dun xeito diferente.
Reflexionan sobre a realidade e e sobre a súa propia existencia, ó tempo que
atopan na experimentación e nas novas linguaxes artísticas o camiño para lograr a
comunicación entre a arte e avida. Ás veces acadan o éxito e as súas obras alcanzan
elevadísimas cotizacións no mercado da arte,- noutras ocasións a situación do artista
é moi diferente, a penuria económica acompáñao pero el continúa a defender a
súa independencia e o dereito a facer o que considera auténtica expresión da súa
idea da arte. A imaxe que tiña do mundo a arte tradicional desaparece e os novos

movementos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La historia de la historia
  • historia de la historia
  • Historia de la historia
  • La historia de la Historia
  • la historia de la historia
  • historia de la historia
  • el historiador y la historia
  • Historia de la no historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS