Hola

Páginas: 19 (4659 palabras) Publicado: 13 de enero de 2013
PAU XUÑO 2012 BIOLOXÍA

Código: 21

Estrutura da proba: a proba componse de dúas opcións A e B. Só se poderá contestar a unha das dúas opcións, desenvolvendo integramente o seu contido. Puntuación: a cualificación máxima total será de 10 puntos, estando indicada en cada cuestión a súa puntuación parcial. Tempo: 1 hora e 30 minutos

OPCIÓN A
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos porcuestión). 1 Explique brevemente o significado destes termos e indique as diferenzas entre eles: ácido graxo saturado-ácido graxo insaturado, fosfolípido-graxa. Como forman os fosfolípidos unha bicapa en presenza de auga? Explique, mediante exemplos, as funcións dos lípidos. 2 En relación á Figura 1, que representa o debuxo?. En qué tipo de célula se atopa? Indique o nome e función das estruturassinaladas do 1 ao 6. 3 A meiose é un proceso que acontece na gametoxénese. En qué consiste a meiose e cál é a súa finalidade?. Onde hai máis ADN, nun ovocito de 2º orde ou nun óvulo?. Nunha espermatocito de 2º orde ou nun espermatozoide? Razoe as respostas. 4 Cite tres características do sistema inmune. En qué consiste a inmunidade artificial?. Cal é a diferenza entre inmunidade artificial activae pasiva? 5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase correcta). cromosoma, aminoácido, cloroplastos, síntese, gametos, xene, bacterias, ARN, sexual, teoría, locus, triplete, transcrición, reprodución, codón 6 Proba Indica (no teu caderno de exame) se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas. As respostas erróneaspuntúan negativamente (Valoración: 1 punto, 0,1pX10). 1.6.1 O encima Rubisco cataliza a reacción de fixación do 1.6.7 Os encimas de restrición cortan a cadea de ADN por carbono inorgánico para formar un composto orgánico secuencias específicas de nucleósidos 1.6.2 A clorofila é o principal pigmento da fotosíntese 1.6.8 Os macrófagos son glóbulos brancos que sintetizan 1.6.3 A hemoglobina é unhaproteína globular con estrutura anticorpos ante a presenza dun antíxeno cuaternaria 1.6.9 As micorrizas son unha asociación simbiótica entre 1.6.4 Os enlaces de hidróxeno son de tipo covalente un fungo e a raíz dunha planta 1.6.5 As bacterias quimiosintéticas son organismos 1.6.10 O fotosistema I é o responsable da liberación de procariotas osíxeno na fotosíntese 1.6.6 Os virus están formados porproteínas, ADN e ARN

OPCIÓN B
1. Cuestións (Valoración: 8 puntos, 2 puntos por cuestión). 1 Identifique a molécula que está representada na Figura 2. Se dúas desas moléculas se unen entre si, que tipo de composto se formará como resultado desta unión e a qué grupo de principios inmediatos pertence? Represente e nomee o enlace formado entre as dúas moléculas. Cite dous polímeros formados porunidades da devandita molécula e indique a súa función nos seres vivos. 2 Cite os orgánulos e estruturas que son exclusivas das células eucarióticas vexetais e comente as súas funcións máis importantes. 3 O tamaño normal da planta de tomate débese a un xene N dominante sobre o anano. A cor vermella do tomate depende dun factor R dominante sobre o amarelo. Crúzase unha planta de tomates vermellos etamaño normal, con outra de tomates amarelos e de tamaño normal e obtéñense: 30 plantas normais de tomates amarelos, 30 plantas normais de tomates vermellos, 10 plantas ananas de tomates vermellos e 10 plantas de tomates amarelos pero ananas. Cales son os xenotipos das plantas que se cruzan? E os da descendencia? Realice o cruzamento. 4 Explique brevemente o concepto de fermentación e tipos desta.Que é un lévedo? Cite dous procesos industriais nos que participe. 5 Terminoloxía Agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados (Valoración: 1 punto, 0,2 por frase correcta). coencima, linfocitos B, osíxeno, substancia, D-glicosa, NAD+, fotosíntese, isómeros, alerxia, proteínas, anticorpos, ATP, D-frutosa, hipersensible, nicotinamida 6 Proba Indica (no teu caderno de exame)...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • hola hola hola hola
  • hola hola hola hola hola
  • hola hola hhola hola y hola
  • hola hola hola
  • Hola Hola Hola
  • Hola Hola Hola
  • hola hola hola
  • Hola hola

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS