Inglés en educación infantil

Páginas: 144 (35753 palabras) Publicado: 24 de octubre de 2010
NG LÉ UN S E HA N I AO P O N FA PL UR RTA NTI L: ILI NG ÜI SM O

OI

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

Coordinación da edición Fco. Xabier San Isidro Agrelo Grupo de traballo técnico María Victoria Navaza Blanco Ángeles Abelleira Bardanca Fco. Xabier San Isidro Agrelo Rosa López Boullón Deseño e maquetación Shöne Ilustración frunfrian Edita Consellería de Educación eOrdenación Universitaria Imprime Tórculo Artes Gráficas, S. A. ISBN: 978-84-453-4723-2 D.L.: C 246-2009

O INGLÉS EN INFANTIL: UNHA PORTA AO PLURILINGÜISMO

PRESENTACIÓN
A maior prerrogativa da inocencia é non ter medo de ningunha mirada e non sospeitar de ninguna lingua. Samuel Johnson

Falar de aprender linguas na primeira década do século XXI é falar de cambio, de renovación. Na Europade hoxe, inmersa na vertixe da globalización, na mobilidade de cidadáns e cidadás e no continuo desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación, o concepto de comunicación é diferente. De aí que as recomendacións europeas en materia de linguas vaian enfocadas cara ao plurilingüismo, pero un plurilingüismo que non esquece a importancia das linguas rexionais e minoritarias. Falar decompetencia en comunicación lingüística é falar do papel das linguas ambientais e estranxeiras na construción dunha identidade europea e da integración de España e Galicia en Europa. En consonancia coas directrices europeas, dentro das medidas recollidas no Plan de Linguas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que ten como obxectivo o fomento do feito plurilingüe, atópanse osprogramas de anticipación da lingua inglesa en educación infantil, un plan experimental para o que, dende hai catro anos, existe un compromiso decidido por parte da Xunta de Galicia a través da creación de materiais para facilitar o labor ao profesorado participante e do deseño de formación específica para o profesorado que imparte inglés nesta etapa, a través non só das actividades contidas nosplans de formación do profesorado senón tamén mediante o Programa de apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras, PALE. Este compromiso ten dado como resultado que máis do 90% dos centros que imparten educación infantil en Galicia estean acollidos aos programas de anticipación. A presente publicación nace como elemento facilitador do labor docente do profesorado especialista de inglés queimparte nos tres cursos do segundo ciclo de educación infantil. Nace porque, dada a experiencia acumulada, esta Consellería considera que chegou o momento de xeneralizar o ensino do inglés no segundo ciclo de educación infantil a partir do vindeiro curso escolar 2009-2010. Consideramos que é necesario abordar a iniciación e exposición á lingua inglesa dende o equipo de infantil, tendo en conta osaspectos de organización e de dinámica da aula, respectando os tempos de adaptación á escola, seguindo estratexias metodolóxicas adecuadas á idade dos nenos e das nenas, organizando os propios espazos disponibles, planificando sesións lúdicas curtas con tempos apropiados á etapa, contando coa participación do profesorado titor, utilizando os recursos da propia etapa que, pola súa polivalencia,poden ser facilmente reconvertidos e utilizados nas sesións de aprendizaxe doutras linguas diferentes ás maternas. Outro aspecto importante é a presenza do profesorado especialista. En ningún caso debe ser considerado como un elemento alleo e artificial. Debe formar parte do equipo de Infantil, coordinarse con el e establecer, coa axuda do profesorado titor, un lazo afectivo e de traballo adecuados. Oobxectivo principal desta publicación é achegar o mundo da educación infantil ao profesorado especialista de inglés e fornecelo de propostas de traballo que exemplifican como ha de concibirse a exposición ao inglés nesta etapa, unha etapa idónea para comezar a sentar as bases da futura competencia plurilingüe e intercultural do alumnado.

Laura Sánchez Piñón Conselleira de Educación e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • didactica ingles en educacion infantil
  • Enseñanza del inglés en educación infantil
  • Educacion Infantil
  • Educación Infantil
  • Educacion Infantil
  • Educación Infantil
  • La educacion infantil
  • Importancia Del Inglés Desde La Educación Infantil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS