INTRODUCCIÓN AO ESTUDO DA ECONOMÍA MUNDIAL

Páginas: 7 (1735 palabras) Publicado: 1 de marzo de 2015
1. INTRODUCCIÓN AO ESTUDO DA ECONOMÍA MUNDIAL
ECONOMÍA:
A economía é a ciencia que estuda o comportamento humano como unha relación entre fins e medios escasos que teñen usos alternativos (ROBBINS).
O problema económico fundamental é a escaseza de calquera recurso dispoñible para satisfacer as necesidades humanas, pois son limitados e escasos.
Para cada recurso existen diversos usosalternativos e a economía estuda como utilizalos da maneira máis eficaz.
A economía é a ciencia das leis sociais que rixen a produción e a distribución dos bens materiais que serven para satisfacer as necesidades humanas (LANGE).
Diríxese a que problemas de carácter social se dan.
A economía é o estudo da humanidade nos asuntos ordinarios da vida (JOSÉ LUIS SAN PEDRO).
A economía é o modo decoñecer como relacionarse coa sociedade para organizarnos (KEINES).
SOCIEDADE:
Conxunto de relacións entre persoas que seguen unhas regras para satisfacer as necesidades.
Conxunto de seres humanos relacionados entre si a través de conexións estables cuxo fin é acadar de forma colectiva a satisfacción das necesidades de cada membro do conxunto, asegurando a subsistencia individual e do grupo.
DEFINICIÓNSBÁSICAS
MODELO: é unha simplificación da realidade que a través de supostos, argumentos e conclusións explica unha determinada proposición ou un aspecto de un fenómeno máis amplo. É unha expresión de unha suposta relación entre dous ou máis variables. (modelo circular. Fronteira de posibilidades de produción, análise de redes sociais...)
VARIABLE: medida que pode cambiar dun momento a outro oudunha observación á seguinte. Unha variable económica permite describir o resultado de tomar decisións económicas ou ben influír nelas.
DATOS: permiten medir as variables económicas e contrastar os resultados dos modelos económicos.
NÚMEROS ÍNDICES: utilízanse en economía para comparar datos en forma independente das súas unidades de medida e expresan o seu valor en relación a un dato base dado.VARIABLES ECONÓMICAS ENDÓXENAS: son aquelas que xorden como resultado do modelo económico. (inflación, desemprego, bens consumidos...)
VARIABLES ECONÓMICAS EXÓGENAS: son aquelas externas aos procesos do modelo económico. (sequía, catástrofe...)
BENS: é todo obxecto material ou servizo inmaterial que satisface, directa ou indirectamente, os desexos ou necesidades dos seres humanos. Pódense clasificaren:
a) Segundo o seu carácter:
LIBRES: son todos aqueles cuxo acceso non é excluínte. Empréganse para satisfacer necesidades, pero non teñen dono nin prezo, son abundantes e non requiren dun proceso produtivo para a súa obtención (luz solar, aire...).
ECONÓMICOS OU BENS ESCASOS POR OPOSICIÓN AOS BENS LIBRES: son aqueles que se adquiren no mercado pagando un prezo. É dicir, son bens materiais einmateriais que posúan valor económico. Do estudo destes bens preocúpase a economía.
b) Segundo a súa función:
INTERMEDIOS: deben sufrir transformacións antes de converterse en bens de consumo (algodón para realizar textís).
FINAIS: están listos para ser consumidos (unha camiseta).
DE CAPITAL: son factores de produción constituídos por inmobles, maquinaria ou instalacións de calquera xénero que, encolaboración con outros factores, principalmente o traballo e bens intermedios, destínanse á produción de bens de consumo.
FACTORES DE PRODUCIÓN: son recursos e servizos empregados polas empresas nos seus procesos produtivos. Os factores de produción clasifícanse en:
Recursos naturais (terra para os autores clásicos)
Traballo
Capital
MAGNITUDES MACROECONÓMICAS
PRODUCTO NACIONAL BRUTO (PNB)
O PNBé o valor de todos os bens e servizos producidos unicamente polos nacionais dun país durante un tempo determinado, xeralmente un ano. Exclúese aos estranxeiros traballando no país e tamén aos nacionais traballando no estranxeiro.
O PNB é igual ao Produto Interior Bruto (PIB) máis o ingreso neto dos factores procedentes do exterior.
O ingreso neto dos factores procedentes do exterior é os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • De 1900 á Segunda Guerra Mundial Da Segunda Guerra Mundial Ao Presente
  • Turbulencia da economia mundial
  • Introduccion a la economia mundial
  • 2 Da Guerra Mundial
  • Economía Mundial
  • economia mundial
  • economía mundial
  • economia mundial

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS