Inventario forestal

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 23 (5517 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 8 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Tema 1: Inventario Forestal e Ordenación de Montes.

1. DASONOMÍA.

O inventario forestal e a Ordenacion de Montes intégranse na Dasonomía, que é o seu ámbito científico propio. A Dasonomía é unha disciplina que abarca os seguintes campos: Selvicultura, Botánica Forestal, Dasometría (incluido o Inventario forestal) e Ordenación de Montes ou Dasocracia.

2. INVENTARIO FORESTAL.

Debidoaos avances acadados no muestreo estatístico, no tratamento informático de datos e na fotogrametría aérea, segregóuse da Dasometría unha nova disciplina, o INVENTARIO FORESTAL.

O Inventario Forestal defínese como o conxunto de técnicas e principios que se empregan para caracterizar a situación pasada e actual do monte, así como a súa máis probable evolución. Poden ser:

- Estáticos: se sópresenta unha relación detallada das existencias realizables, tanto en cuantía como en composición.

- Dinámicos: estima as variacións previsibles na produción do monte, o incremento da capacidade produtiva da estación, a situación das infraestruturas e as condicións do mercado de produtos forestais.

3. ORDENACIÓN DE MONTES.

A Ordenación forestal consiste na xestión dos montes cun carácterplanificador, constituíndose como a actividade integradora ou núcleo central das disciplinas forestais. A Ordenación fundaméntase nun coñecemento cuantitativo e cualitativo dos recursos forestais, polo que precisa do inventario forestal.

O Plan de Ordenación dun monte materialízase nun documento chamado Proxecto De Ordenación, que inclúe os seguintes apartados:

- Inventario do monte.- Obxectivos a acadar (conseguir que o monte xere determinados bens e servizos).

- Normas de actuación a curto, medio e longo plazo para lograr ditos obxectivos.

As fases dunha ordenación son:

- Xustificación da Ordenación.

- Definición dos obxectivos do inventario: que información se desexa coñecer do monte e do entorno, e con que nivel de detalle, o cal marcaráa intensidade do inventario.

- Inventario: análise da masa forestal, do seu medio natural e do seu entorno económico e social, o cal permite determinar por unha parte todos os valores e potencialidades, todas as posibles melloras, e por outra parte, todas as restricións físicas, técnicas, económicas e humáns.

- Definición dos obxectivos da ordenación e determinación de prioridadesentre os mesmos, coñecida a situación do monte e do entorno, grazas ao inventario.

- Síntese e compromiso entre todas as potencialidades e restricións que determinan uns obxectivos a longo plazo. Recóllese no Plan Xeral.

- Programa detallado de intervencións a medio plazo para acadar os obxectivos da ordenación, cunha previsión dos recursos que se empregarán. Recóllese no PlanEspecial.

- Seguemento e control para actualizar os obxectivos da ordenación a medida que cambian as circunstancias baixo as que se redactou o Proxecto de Ordenación inicial e para comprobar que se cumplen previsións. O documento no que aparecen estes aspectos é a Revisión da Ordenación.

A longo plazo, o PLAN XERAL desenrola o máis permanente e fundamental da ordenación, aquelo que garante apermanencia e rentabilidade da masa. Así, son conceptos que se fixan non Plan Xeral os seguintes: especie principal, método de beneficio, tratamento selvícola, método de ordenación, prazo de transformación e edade de corta.

O PLAN ESPECIAL, desenrola o máis inmediatamente aplicable, adaptándose ás circunstancias coiunturais do momento. Son conceptos propios do plan especial: plan de cortas,plan de melloras, balance dinerario.

O Plan Especial desglósase en PLANS ANUAIS, que xa non teñen o carácter de planificación senón que son executivos e supoñen a realización do planificado.

As REVISIÓNS redáctanse cando remata o periodo de vixencia do Plan Especial. Nelas efectúase o rexistro e control das actuacións realizadas e analízanse novas circunstancias en torno ao monte (cambios...
tracking img