La educación intantil en reggio emillia

Páginas: 56 (13896 palabras) Publicado: 28 de febrero de 2012
FICHA BIBLIOGRÁFICA:

Título da obra: “ La educación infantil en Reggio Emilia”.
Autor: Loris Malaguzzi.
Tradutor: Alfredo Hoyuelos Planillo.
Editorial: Octaedro.
3ª edición (28 de xullo de 2006)
Idioma: Español














BIOGRAFÍA:
Loris Malaguzzi naceu o 23 de febreiro de 1920 en Correggio, unha vila da provincia de Reggio Emilia. Con tres anos trasladouse coa súafamilia debido a que seu pai, que era ferroviario, desenvolveu o seu traballo na cidade. Aquí vivirá ata a súa morte, o 30 de xaneiro de 1994.
Ten unha infancia ligada á praza de Reggio Emilia, que Malaguzzi lembra como un lugar importante na súa infancia, na súa formación, na súa consciencia de felicidade, do permitido e o prohibido. Durante estes anos realiza na Escola Primaria a súa vidaescolar como estudante ata o curso 1929-1930. Non destacou como gran estudante. O seu interese estivo ligado á praza italiana de Reggio Emilia e na que el pasaba grandes tempos. A familia Malaguzzi (formada polo pai, a nai e dous fillos) trasládase ao barrio obreiro de Santa Croce. Malaguzzi realiza desde o curso 1930 – 1931 os estudos no instituto maxistral Principessa de Napoli. Acabados estes,comeza a traballar como mestre de escola primaria, nunha vila chamada Reggiolo. Con dezanove anos foi destinado como mestre en Sologno di Villaminozzo, onde atopa o sentido do oficio de educador.
O dez de decembro de 1940 inscribiuse na Facultade de Maxisterio da Universidade de Urbino. Despois foi destinado, primeiro á escola primaria de Via Guasco e, posteriormente a unha caserna deBolonia. Desde este mesmo ano ata o 1947, que foi cando abandonou definitivamente a escola estatal, continuou traballando como mestre, nesta ocasión da escola media.
O 25 de abril de 1945 chega a fin da guerra e a liberación. Xurde unha división clara en Italia entre o norte e o sur. O problema da educación infantil entra de pleno na sensibilidade política das mulleres e do movemento feminino,sobre todo do UDI (Unione Donne Italiane), de tendencia esquerdista.
En Reggio Emilia as institucións de educación infantil eran, practicamente, inexistentes, e as que había eran de titularidade privada de dominio católico. As mulleres e as súas organizacións laicas organízanse por construír os primeiros asili nido. Cinco días tras a guerra, o un de maio de 1945, co diñeiro do Comitato diLiberazione empeza a construirse esta escola. Malaguzzi descubre que a escola, e en concreto a Scuola Materna, é algo máis que un lugar onde ensinar e aprender.
O 7 de xullo de 1946 Malaguzzi licénciase en pedagoxía na Universidade de Urbino con unha tese titulada La pedagoxía de Fichte.
Acabada a guerra, Malaguzzi afíliase ao Partido Comunista Italiano. Ata o 1959 non chegará ao ComitéFederal. Será moi crítico con todo aquilo comunista e a ríxida Associazione Pionieri de Italia que organizaba reencontros e campamentos para nenos con excesiva disciplina, unha cousa que Malaguzzi non quería.
Malaguzzi é recoñecido como un impulsor do teatro e da vida cultural á cidade. Tamén organizou teatro para nenos e xoves no chamado Teatro per Ragazzi, de 1953 a 1956. O 12 de xaneiro de 1959fundou o primeiro Teatro Club de Italia. A partir do ano 1960 Malaguzzi participou nas colonias de verán organizadas tanto polo Centro Médico-Psico-Pedagóxico, o axuntamento de Reggio Emilia e o axuntamento de Corregio. Nas colonias estivais Malaguzzi atopa unha maneira, máis ou menos libre, de experimentar algunhas das súas ideas pedagóxicas.
Entre os anos 1968-1974, Malaguzzi realizafuncións de asesor pedagóxico para as scuole dell´infanzia do axuntamento de Módena. Ésta era unha cidade industrial, moito máis que Reggio Emilia, cunha absorción de man de obra, principalmente proveniente do sur. O axuntamento establecera a escola a tempo pleno con dous mestres, en quendas pola mañá e tarde, pola demanda social. Polo tanto, había nenos que pasaban moitas horas na institución...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teoría de la educación reggio emilia
  • reggi
  • Trabajo Intantil
  • Reggio Emilia
  • Reggio Emilia
  • Reggio Emilia
  • Reggio emilia
  • Reggio Emilia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS