La ideología lingüística de loshablantes de lenguas millonarias

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 25 (6173 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 11 de diciembre de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
O proceso de homoxeneización lingüística que se está a producir a nivel mundial dá lugar á existencia de determinadas actitudes que, froito dunha ideoloxía concreta, xogan un papel determinante nos procesos de substitución lingüística e na consecuente desaparición das linguas. A ideoloxía que aquí pretendo analizar é unha ideoloxía lingüística doadamente detectable entre unha parte importante dosusuarios dalgunhas das linguas máis faladas do mundo. A esta ideoloxía referireime como ideoloxía lingüística dos usuarios de linguas millonarias, tomando prestado de Jesús Tusón o termo de lingua millonaria (Tusón 1998:72). Por linguas millonarias refírome non só ás linguas máis faladas do mundo, senón tamén a linguas que posúen un importante respaldo político e económico, ben polo seu pasadocolonialista, polo seu presente imperialista ou por ambas as dúas cousas. Convén aclarar, no entanto, que linguas como o tamil, por exemplo, aínda sendo falada por máis de 60 millóns de persoas segundo o Ethnologue, non ten o estatus do inglés, xa non só no mundo, senón na propia India. Isto mesmo ocorre con moitas outras linguas que, a pesar de seren faladas por un elevado número de persoas, nonpoderiamos calificalas como linguas millonarias, como si sería o caso do castelán, inglés, portugués ou francés, que gozan dun apoio político e dun respaldo institucional moi concreto, ademais de seren vehículo das súas actividades económicas. Para analizar esta ideoloxía baseareime en opinións xerais e xeneralizadas, isto é, tendencias de pensamento que doadamente podemos atopar e identificar endiferentes ámbitos da sociedade, dende persoas que non se dedican a ningún tipo de actividade relacionada coa lingua, ata académicos e profesionais da lingua e dos medios de comunicación. Ese tipo de opinións responden a unha serie de prexuízos políticolingüísticos (ambos os dous conceptos van da man) que en moitas ocasións son mantidos polos profesionais da lingua e as correspondentes instituciónsoficiais e finalmente acaban conformando a ideoloxía lingüística maioritaria dunha sociedade. Ademais, esta ideoloxía, perfectamente ligada aos procesos da economía capitalista, está a adquirir unha fasquía de normalidade e
hai que dicir que o proceso de homoxeneización lingüística é inseparable do proceso acumulativo da economía mundial, e mudar a concepción da planificación lingüística implicamudar o mundo (Junyent 1998: 10)

A miúdo, adoitamos escoitar opinións positivas e favorables en defensa da diversidade natural do planeta, sobre todo a partir do nacemento do movemento ecolóxico. Normalmente ninguén dubida á hora de soster que a diversidade animal e vexetal é

fundamental para a nosa harmonía e supervivencia como especie. Incluso aqueles que non saberían atopar os argumentosnecesarios apoiándose nalgún fundamento científico afirmarían que a diversidade do noso planeta é importante para a vida. Ocorre, así e todo, que a diversidade lingüística non se acostuma incluír dentro desta caste de preocupacións. De aí que
neste ámbito é fundamental o principio básico da ecolingüística: a protección dos máis febles, porque xa miramos que os organismos invasores aproveitancalquera oportunidade para ocupar o ecosistema, e isto nas relacións da ecoloxía cultural non ten razón de ser (Junyent 1998: 178)

Moitos daqueles que defenden a diversidade animal e vexetal do ecosistema, tamén defenden a riqueza que supón a existencia de diferentes linguas, non só no mundo, senón no seu propio país. No Estado español, por exemplo, non é infrecuente escoitarmos este tipo dediscurso no que se refire ás linguas, isto é: enxalzar a riqueza da diversidade lingüística como algo moi positivo. Mais o que adoita ocorrer en realidade é que moitos dos que defenden esta riqueza contradinse á hora de pór en práctica unha actitude lingüística consecuente con tal afirmación, sobre todo cando o resto das linguas tratan de alcanzar entre os seus falantes o mesmo estatus que a lingua...
tracking img