La protección social a lo largo de la historia

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 15 (3657 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 22 de febrero de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
A PROTECCION SOCIAL Ó LONGO DA HISTORIA

Parte I. Idade Media, Renacemento e Ilustración

Andrea Bermúdez Puente
Servizos Sociais I
Curso 2009/2010

1. Idade Media. A etapa baixomedieval
No século XIV as medidas para remediar a pobreza iranse producindo xa de modo paralelo a aquelas que tenden a fixar e delimitar ós suxeitos que poden ser considerados pobres e a aqueles que en ningúncaso deberán ser atendidos, senón compelidos a traballar, fixados no seu oficio e lugar.
A asistencia non será xa tan indeterminada, senón que se vai concretando e diversificando en campos:
1.1 A asistencia material.
É a que predomina e a que impregna ao resto. Concretada na limosna, o seu contido foi derivando da feita case exclusivamente en roupa e alimentos á que, pasado o século XII, iraseprogresivamente materializando en diñeiro.
1.2 A asistencia económico-moral.
A recibían fundamentalmente dous tipos de suxeitos: as doncelas pobres, a fin de que podan constituír unha dote para casarse ou entrar en relixión, e os orfos ou nenos abandonados.
1.3 A asistencia xurídica.
Dende o renacemento das cidades, os Foros de moitas delas recollerán, nos séculos XI e XII, a existencias dos“boceiros”, encargados da defensa dos débiles e pobres, polo que cobran un salario mínimo, a non ser que o defendido sexa tan indixente que non poda dar nada.
1.4 A asistencia hospitalaria.
O hospital é o elemento clave na historia da asistencia ao longo de todo o Antigo Réxime. Na orde dos suxeitos fundadores prodúcese un paso dos dominantes nos primeiros séculos medievais (rei, prelados emosteiros), cara un paulatino protagonismo das fundacións laicas (con predominio dos comerciantes e as confrarías de oficios).
Tamén a financiación evoluciona, aínda cando a caridade segue ocupando un papel predominante; o hospital financiarase coas limosnas que en ocasións son solicitadas polos mesmos enfermos nel recollidos, aparte dos privilexios e exencións fiscais dos que moitos hospitais gozan.A administración, de relixiosa unicamente, pasará a ser mixta (laica e eclesiástica); a pesar diso, o funcionamento do hospital (o mesmo que o resto das institucións caritativo-asistenciais) segue tendo unha concepción basicamente relixiosa.
É nos asistidos onde se vai producir a evolución máis notable. As súas características para ser admitidos vanse restrinxindo, nos séculos XIV e XV, endous campos: na admisión exclusiva de xentes pertencentes a uns grupos específicos (hospitais de confrarías, sacerdotes, vellos, etc.) e na especialización paulatina das enfermidades tratadas (é no século XV, por exemplo, cando se fundan na península os primeiros hospitais de dementes). Mentres nas primeiras etapas se acollía, case indistintamente, a peregrinos, enfermos, e toda clase denecesitados, o hospital baixomedieval vai a ir concretándose en asistencia ós enfermos.

A represión aos pobres válidos se produce simultaneamente coa defensa da asistencia que debe ser dada aos verdadeiros: hai que axudar ao traballador que, por causas alleas á súa vontade (enfermidade), non pode, temporal ou permanentemente, gañar a súa subsistencia e a de aqueles que dependen del.
A quen se reprime,polo tanto, é a aquel que, pertencente ao estamento de quenes han de traballar e soster ao resto, néganse a facelo, danando aos demais e, sobre todo, podéndose converter en malsán exemplo a seguir por outros.

2. O Renacemento. A España dos RR.CC. e aos Austrias.
O problema dos ociosos e xentes baldías, iniciado na etapa baixomedieval, xeneralizarase no seo da “sociedade expansiva” do séculoXVI, debido a unha situación de incremento demográfico que, en momentos de crise alimenticia, como a do citado século, provoca un alza de prezos e o endebedamento de moitos campesiños que han de abandonar as súas terras sen atopar na cidade unha adecuada estrutura produtiva capaz de ocupar eficazmente o éxodo que lle chega.
A orixe máis inmediata da “polémica dos pobres” está na disposicón...
tracking img