Licenciado

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 2 (324 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 8 de febrero de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
Escala de intelixencia de Terman-Merrill: escala elaborada por L. M. Terman e M. A. Merrill (1916, 1937, 1960) para avalia-la intelixencia xeral a través de probas agrupadas por niveis de idade.A revisión de 1960 inclúe unha forma L-M, que aglutina os mellores elementos da forma L e a forma M (1937). Os niveis de idade son: de 2 a 5 anos (de seis en seis meses), formado por seiselementos; de 6 a 14 anos (de ano en ano), formado por seis elementos, e de adultos (con 4 niveis diferentes), formado por oito elementos. Escala de performance: batería de tests non verbal de M. Borellie P. Oléron indicada para nenos de 5 a 8 anos que presenten trastornos de linguaxe ou xordomudez. Con posterioridade realizouse unha tipificación para nenos normais, ampliando o campo deaplicación de nenos con déficit auditivos e de comprensión da linguaxe, a nenos que non presenten esta problemática. Pode utilizarse como proba non verbal para nenos normais e como diagnóstico diferencial.A escala está formada por sete probas: Reproducción de modelos construídos con cubos, Moneco, Encaixado, Crebacabezas de Healy-Fernald, Cubos de Knox, Copia de debuxos xeométricos e construccióncon cubos a partir de debuxos. Factor ‘g’: test creado por R. B. Cattell e A. K. S. Cattell como test medidor da intelixencia xeral libre de influencias culturais. Existen tres escalas diferentesclasificadas segundo as idades de aplicación. A escala 1 indicada para idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos consta de 8 probas diferentes: Substitución, Clasificación, Labirintos,Identificación, Ordes, Adiviñanzas, Erros e Semellanzas. A escala 2 indicada para idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, consta de 4 probas: Series, Clasificación, Matrices e Condicións. A escala 3,indicada para suxeitos con máis de 15 anos, está formada polas mesmas probas que a escala 2, pero de maior dificultade. As tres escalas poden ser aplicadas de forma individual ou colectiva.
tracking img