Lingüística gallega

Páginas: 13 (3153 palabras) Publicado: 30 de noviembre de 2009
1. CONFLITO LINGÜÍSTICO: DEFINICIÓN, CAUSAS E CONSCUENCIAS.

A existencia nunha mesma comunidade de dúas linguas en situación de igualdade é algo teórico, é decir, non existen comunidades propiamente bilingües.

Nun principio o termo bilingüismo utilizouse tanto pata referirse á capacidade dun individuo para usar dúas linguas como para designar as comunidades en que convivían dúaslinguas. A inexistencia de comunidades propiamente bilingües fai preferible o uso do concepto para referirse á capacidade dun individuo para comunicarse, coa mesma facilidade, en dúas linguas diferentes. Así, o bilingüismo social deriva nunha situación de conflito lingüístico onde o emprego de dúas linguas provoca tensións, e por isto se fala de diglosia, situación en que dúas linguas son usadas cunvalor social diferente. As linguas que interveñen nesta situación son:

• Lingua dominante: aquela que por diversos factores se impón fóra do territorio que lle é propio.

• Lingua minorizada: lingua autóctona dunha zona que retrocede nos diferentes ámbitos de uso, baixo a presión dunha lingua dominante que se introduciu dentro do seu territorio xeográfico.

O conflitolingüístico manifestouse en Galicia nun desequilibrio entre a lingua galega e a castelá, quedando a primeira marxinada socialmente. A nivel social o castelán está presente nas clases altas e o galego nas medias e baixas. A nivel funcional o castelán está vinculado ás producións literarias e o galego ás producións informais.

Unha das consecuencias desta situación son as interferenciaslingüísticas entre o galego e o castelán, sendo máis numerosas as interferencias do castelán no galego. Estes castelanismos afectan a todos os niveis da lingua e supoñen un perigo para o futuro da nosa lingua.

Vías de solución para o conflito lingüístico:

• A substitución lingüística. No proceso de substitución lingüística a lingua dominante imponse á minorizada.

• A normalizaciónlingüística. Comporta a recuperación da lingua minorizada como vehículo de comunicación en todos os seus ámbitos de uso e de prestixio social.
2. LINGUA MINORIZADA E LINGUA MINORITARIA. DEFINICIÓN. SEMELLANZAS E DIFERENZAS.

As diferentes situación legais e socias das linguas débense a procesos de expansión política, económica e cultural protagonizados polas comunidades que as usan. É o caso doinglés, por exemplo.

Ó grupo de linguas recoñecidas (inglés, castelán…) pertencen aquelas na que o número de falantes é elevado e teñen a condición de lingua oficial en varios estados. Outras son linguas oficiais (italiano, grego…), o que garante a súa superivencia. Outras están no grupo das linguas ameazadas xa que corren perigo de desaparecer.

A paso previo á substitución lingüísticaé o bilingüismo diglósico, situación na que no mesmo territorio conviven dúas linguas en condicións desiguais. A presión das linguas dominantes (recoñecidas como oficiais e socialmente normalizadas) acabará por eliminar as linguas minorizadas (aquelas propias dunha zona que se atopan baixo a presión da lingua dominante que as despraza).

O número de falantes non é decisivo para que unhalingua sexa minorizada ou non. Así, unha lingua é minoritaria cando ten un número de falantes relativamente reducido en comparación con outras.

En Europa a maioría dos estados son plurilingües. Así e todo, a coexistencia de varios idiomas non sempre se dá en condicións de igualdade:

• En estados plurinacionais existen varias linguas, pero só unha delas ten a condición de lingua oficialdo estado. As demáis posúen estatutos especiais que as protexen, aínda que sempre nunha situación de subordinación á oficial.

• Outras linguas carecen de rango de oficialidade no seu territorio.

• A outras se lles nega a súa categoría de lingua e son consideradas “dialectos”.

3. A DIVERSIDADE PLURILINGÜE E PLURICULTURAL DE ESPAÑA. IDENTIFICACIÓN DAS LINGUAS, TERRITORIO...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El conflicto lingüístico gallego
  • Gallegos
  • Gallego
  • Gallego
  • Gallego
  • gallego
  • Gallego
  • gallegos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS