Lingüística Xeral

Páginas: 5 (1119 palabras) Publicado: 8 de abril de 2012
| |
|Materia: Lingüística Xeral |Titulación: 1º Grao EGI |
|Actividade avaliable 1 (Tema 2) |Data de entrega: 04/11/2011 |

●Responda as cuestións seguintes aportando os argumentos que estime oportunos: debe argumentar as súas respostas.


1.1. Vexa o seguinte vídeo de Bob Newhart en Youtube: “Terapia en 5 minutos”, http://www.youtube.com/watch?v=QQeYwwnNeck. As parodias deste actor xogan continuamente co contexto e as regras comunicativas, e teñen sido utilizadas e citadas en libros adicados ao estudo da linguaxepor como demostra coñecelas e explotalas. A continuación, responda as seguintes preguntas:
1.1.1. Mª Victoria Escandell Vidal, ao falar da representación do contexto (vid. o seu libro La comunicación, lecturas L2:1 e L2:2 do dosier da materia), observa varios factores ou elementos contextuais como máis destacados có resto: explica cales son os da interacción deste vídeo. Debes especificar calesson, describilos e explicar que importancia teñen no desenvolvemento da comunicación que ten lugar. [2 puntos]


Na interacción deste vídeo aprécianse dous obxectivos. Se tomamos como primeiro emisor á paciente, o seu obxectivo é, a través do seu enunciado, facerlle entender ó doutor (o destinatario), os seu problema. Producir nel un cambio e que este como resposta lle proporcione unhasolución. Cando é o doutor o que interpreta o papel de emisor, o seu obxectivo é que a paciente comprenda as súas palabras e que estas lle provoquen un cambio e así solucionar o seu problema. Este factor é importante porque se non houbera obxectivo non se produciría ningún cambio, non se chegaría á finalidade da interacción, da comunicación. A distancia social nesta situación non encaixa nos estándarese patróns da nosa cultura, xa que a relación paciente-doutor e viceversa, debería ser moito máis formal. En canto á situación, esta é intermedia na que cabe esperar coñecer os comportamentos de cada un. Este elemento contextual depende do obxectivo e da distancia social. Por último, o medio neste caso é oral e trátase dunha conversación cara a cara polo que non restrinxe demasiado a actividadecomunicativa dos participantes.

1.1.2. Que teñen que ver a sorpresa e estrañeza da paciente co contexto da interacción, coas regras comunicativas? Altera Bob Newhart as regras ou condutas comunicativas dos participantes que esas compoñentes ou elementos contextuais nos poderían facer esperar? Argumenta a túa resposta. [2 puntos]


Si. Débese a que o doutor altera as regras comunicativas.Esperaríase ver unha situación na que se respecte a distancia social médico-paciente. De ahí a sorpresa e estrañeza da muller. É un factor básico que condiciona o uso da lingua. O comportamento do médico parece deixar ver que non coñece as representacións da súa cultura e como se ten que adecuar a elas.


1.1.3. Pon dous exemplos de inferencias feitas durante a interacción por calquera dosparticipantes. Explica o que sucede neses casos e argumenta as túas respostas. [2 puntos]

Un exemplo de inferencia prodúcese cando a paciente entra na consulta do doutor e ve o sofá que é coñecido internacionalmente, onde todos os pacientes se tumban a tratar os seus problemas. O doutor declina esa acción. Ao ver o sofá, reconstrúe un vínculo a través de inferencia que a fai asocialo ca acciónde sentarse. A segunda abarca toda a situación. O paciente acude á consulta porque creou unha representación interna dun médico moi distinto que vai tratar o seu problema doutra forma mais profesional, como adoita ser.



1.2. Os pictogramas semellan ser independentes da lingua, mais non sucede o mesmo en relación coa cultura. Para poder interpretar numerosas representacións pictográficas e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Linguistica
  • Linguistica
  • linguistico
  • Linguistica
  • linguistico
  • Linguistica
  • lingüística
  • linguistica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS