Lois pereiro

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 8 (1982 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 15 de junio de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
LOIS PEREIRO
1958, Monforte de Lemos - 1996, A Coruña
Poeta, xornalista
A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte a vida: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementos determinaron o mito marxinal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía. Da aniquilación á nostalxia foi o camiñoliterario que andou, deixando unha pegada cada vez máis fonda en lectores cada vez máis novos.
Lois Pereiro nace en Monforte en 1958. Realiza estudos de tradución en Madrid, cidade á que marcharía co seu irmán Xosé Manuel con só dezasete anos. Alí mantense economicamente vertendo ao castelán filmes e series para a televisión.
Pero en Madrid vai estar vencellado, por amizade e por proxectos comúns, aogrupo que formaba con Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane. Co esforzo de todos, naceron as publicacións de pulo innovador, e agora xa míticas, Loia ou Luces de Galiza.
Porén, os riscos asumidos na vida madrileña de principios dos oitenta fixeron que Lois determinase o seu regreso á Coruña, onde se manteñen os nexos con aqueles que constituían o grupo de Madrid, e, de novo aquí, viviráfundamentalmente do xornalismo. Iso si, no eido poético participa na publicación colectiva De amor e desamor e integrarase, durante 1984 e 1985, no colectivo de mesmo nome. Este feito permite que o público comece a coñecer a súa obra e a valore con compracencia.
Gaña o Concurso Nacional de Poesía O Facho: todas as súas creacións poéticas, espalladas en antoloxías ou publicacións colectivas,reúnense en Poemas. 1981/1991, en 1992. O seu primeiro libro publicado reflicte xa unha tendencia etiquetada como punk, moi presente na súa vida. As razóns para esta clasificación son, a saber, unha actitude certamente existencialista, de sarcasmo esmagador e corrosivo, un xogo de chiscadelas á autodestrución e á morte. No entanto, as súas influencias semellan ben sofisticadas. Prioritariamente chéganlledo centro de Europa, do expresionismo austro-alemán, de Thomas Bernhard, Peter Handke ou de Carver. Pero non hai que esquecer que Valente é referente fundamental nos seus primeiros pasos: ao seu abeiro nace como poeta.
En 1995 aparece a Poesía última de amor e enfermidade. Con só dous libros publicados xa define un estilo literario curto e tenso, cualificado como de economía expresiva: non seexcede en recursos formais, emprega abundantemente o establecemento dicotómico de realidades elementais (amor/desamor, vida/morte). Neste derradeiro libro, en vida, de Lois, que foi reeditado nos últimos tempos, atópase un novo xeito de entender a existencia: para aprehendela en profundidade é necesario ter conciencia da morte. Isto pode ter unha interpretación vitalista que encaixaría coa ríxidaetiqueta de poeta maldito, ao entender que esta postura fronte á vida nace da súa propia experiencia, que se mergulla na liña que a separa da morte.
Lois Pereiro morre pouco despois, en 1996. Nese ano do seu finamento, o seu irmán, Xosé Manuel, fai que saia á luz Poemas para unha Loia, constituído a partir de composicións da época madrileña, xa publicadas naquela revista Loia, e dun ensaio: "Modestaproposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia". Nel expón moitas das súas ideas e conviccións sociais e políticas, ofrecendo unha panorámica que inclúe unha chea de referencias directas a escritores, filósofos ou políticos dos que bebe.
Ademais, deixou oito capítulos dunha novela inacabada, Náufragos do paradiso, publicados naquela revistaque fora dirixida por Manolo Rivas, Luces de Galiza.
Pero Lois Pereiro tamén lle puxera letras ás melodías do grupo punk Radio Océano, que o seu irmán lideraba. Porque o esforzo de Lois estivo canalizado cara á contracultura, na que militaba con vehemencia. E así, as súas verbas tamén se debuxan en fancines ou en escollidos guións.
Esta condición de outsider provoca a reticencia dos...
tracking img