Los pazos de ulloa. un análisis histórico

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 23 (5721 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 17 de febrero de 2012
Leer documento completo
Vista previa del texto
Los Pazos de Ulloa
Unha análise histórica

Comportamento político na sociedade rural galega (1875-1923)

Roberto Cagiao Souto

Introdución
O obxectivo do presente traballo é realizar un estudio histórico da obra Los Pazos de Ulloa da escritora Emilia Pardo Bazán. Isto significa extraer o retrato que a autora fai da sociedade galega na presente obra nos seus diversos aspectos (social,económico, político, relixioso); e por outro lado contrastar esta imaxe co coñecemento do que dispoñemos grazas á investigación histórica, valorando en que medida son coincidentes e analizando as diverxencias intentando descubrir cal é a orixe das mesmas.
Seguindo estas directrices a análise divídese en dúas partes. A primeira, “A Galicia dos Pazos”, contén as claves fundamentais da reconstruciónhistórica que podemos extraer do relato de Dª Emilia Pardo Bazán. Para isto ademais de estudar as claves globais que nos ofrece a obra, analizaranse individualmente as personaxes máis destacadas da obra vistas como exemplo individual do grupo social ó que pertencen.
A segunda parte adícase á crítica histórica da obra, valorando a partir dunha bibliografía de carácter histórico cal é o grao decorrespondencia entre a realidade histórica que coñecemos e o relato que a autora coruñesa nos ofrece sobre a mesma. Por tratarse, a analizada, dunha obra de ficción e polo propio enfoque historiográfico, centrarase a análise non en feitos concretos, senón no estudio das estruturas da sociedade e das relacións entre grupos sociais. Non nos interesa por tanto coñecer se certa referencia a un feitohistórico ou a unha personaxe é fidedigna, senón ver se o é o retrato que se fai da sociedade e dos procesos históricos fundamentais do período.
En canto o encadre histórico/cronolóxico do traballo consideramos adecuado expandir a validez do relato máis aló do período no que se encadra a obra, ós anos inmediatamente anteriores ó Sexenio democrático e os inicios do mesmo, e consideralo comorepresentativo dun momento histórico máis amplo que abarcaría a segunda metade do s. XIX (fundamentalmente o Sexenio Democrático e a Restauración). Este momento está caracterizado polo proceso de transformación do estado e a sociedade galega deixando atrás (de forma lenta e parcial) o Antigo Réxime e afrontando unha nova forma de estado, o liberal, e unha sociedade en proceso de cambio.
Parte I. AGalicia dos Pazos
Los Pazos de Ulloa serve para elaborar unha imaxe histórica do período central do século XIX en Galicia, fundamentalmente do mundo rural e da fidalguía alí asentada, habitando os Pazos que dan nome ó libro e a este epígrafe; aínda que tamén se fan referencias á vida urbana e, na recta final da obra, atopamos unha moi reveladora descrición sobre a dinámica electoral na época queresulta de gran interese para o estudio da historia política. A continuación pasamos a analizar de forma pormenorizada os distintos apartados que ofrece Los Pazos dende o punto de vista histórico.

O mundo rural e os Pazos
O marco espacial fundamental da presente obra como se ten dito é unha zona rural, máis especificamente a rexión do Baixo Miño, aínda que podería ser representativa de boa partedo rural galego, especialmente de rexións do interior. O pazo dos Ulloa e a súa periferia (Cebre e as casas señoriais dos arredores) é o espazo central da obra, encadrado nun val no que se mesturan os terreos cultivados e as zonas de monte, rodeado por montañas máis ou menos inaccesibles.
Destaca desta rexión o carácter salvaxe e agreste da natureza circundante, de tal modo que Dª Pardo Bazán nomesmo inicio da obra, en boca de Julián, califica a rexión de forma elocuentísima como ¡Qué país de lobos!, o que deixa claro que se trata dunha paisaxe salvaxe sobre todo a ollos dun relixioso da cidade como Julián. Outra constante destas rexións rurais é a da deficiencia das vías de comunicacións, maiormente corredoiras e camiños polos que no mellor dos casos poden pasar os carros con...
tracking img