Manuel prevención riscos laborais

Páginas: 205 (51057 palabras) Publicado: 25 de enero de 2012
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

CURSO DE NIVEL BÁSICO EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAISCONFORME AO ESTABLECIDO POLO R.D. 39/1997 DE 17 DE XANEIRO

TEMA I O TRABALLO E A SAÚDE. FACTORES DE RISCO

INTRODUCCIÓN
Traballo e saúde. Temos que citar ámbolos dous termos como introdución a unha materia na que o obxectivo baséase precisamente nas consecuencias da iteración entre ámbolosdous termos o traballo como orixe do risco e a saúde, como ben prezado para o home e que se pode ver alterada polo traballo. Pasando polos múltiples cambios que a concepción do traballo experimentou ó longo da historia do home chegamos á situación actual na que, lonxe de constituír exclusivamente un modelo de subsistencia, constitúe un importante elemento de valoración social e de desenvolvemento daactividade creadora de persoa, constituíndo ó mesmo tempo un dereito e un deber para ela. Por isto a tendencia actual neste campo débenos levar a acadar unha mellora nas condicións de traballo que leva a un nivel superior de vida, a fin de evitar que a saúde do home que traballa poida resultar afectada polas condicións que el mesmo creou para mellora-la súa calidade de vida.

COÑECEMENTOS
     Relación ambiente- saúde no traballo Factores de risco laboral Consecuencias dos riscos laborais Técnicas de prevención Consecuencias dos danos laborais O modelo causal

HABILIDADES
    Identifica-los distintos conceptos básicos Describi-las relacións entre ambiente e saúde Recoñece-los distintos factores de risco laboral Identifica-la terminoloxía básica presente na Lei

ACTITUDES Manter unha postura axeitada en temas de seguridade e saúde laboral.  Preocuparse pola nosa seguridade e a de tódolos que nos rodean.

1. Relación Ambiente- Saúde no traballo
O concepto ideal de saúde definido en 1946 pola Organización Mundial da Saúde é “o estado completo do benestar físico, mental e social”, e non só a ausencia de afeccións e enfermidades. Isto é inalcanzable hoxe en díana maioría dos países polo que os expertos na saúde, prefiren falar do grao máis grande posible de benestar físico, psíquico e social, que permite unha forma de vida autónoma, solidaria e gozosa. Tamén debemos de ter en conta que a saúde é un fenómeno influído por múltiples variables e que, polo tanto, non é estable, senón que o estado de saúde, tanto individual como da comunidade, varía candocambian as condicións que actúan sobre ela. Dado que a saúde se considera un dereito fundamental da persoa, o acada-lo máis alto grao de saúde constitúe un obxectivo social de primeira orde, sendo preciso para o seu logro o aporte doutros sectores, sociais e económicos, ademais do puramente sanitario

A humanidade, polo menos nas nacións desenvolvidas, foi progresando e mellorando o seu nivel devida a partir do máis grande e mellor aproveitamento dos recursos naturais dispoñibles. O home acadou a síntese de novos produtos e a aplicación de novas formas de enerxía, dando lugar ó gran desenvolvemento industrial do noso século. Pero todo isto contribuíu a aumenta-los riscos que estes procesos levan consigo para a poboación en xeral e para o traballador en particular, causando o deterioro dasaúde e dando lugar a aparición de novos danos derivados do traballo. Podemos considera-lo traballo como unha actividade social organizada que permite acadar uns obxectivos e satisfacer unhas necesidades. O traballo modifica o ambiente que rodea ó traballador e se non se realiza nas condicións axeitadas podemos ver agredida a nosa saúde. O ambiente que rodea ó traballador podémolo denominar comoambiente orgánico, psicolóxico e social.

Ambiente orgánico O ambiente orgánico está constituído polos factores mecánicos, físicos, químicos e biolóxicos. Ambiente psicolóxico O ambiente psicolóxico é consecuencia dos sistemas de organización do traballo derivados do desenvolvemento tecnolóxico como monotonía, automatización, carga mental, que crean no traballador problemas de inadaptación,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Prevencion De Riscos
  • Riscos
  • Risc
  • Risc
  • Maquinas risc
  • Instrucciones RISC
  • Risc y sics
  • Riscos socials

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS