Marx

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 23 (5743 palabras )
  • Descarga(s) : 0
  • Publicado : 1 de marzo de 2011
Leer documento completo
Vista previa del texto
Marx
1. CONTEXTO SOCIO-HISTÓRICO DO PENSAMENTO DE MARX
Na segunda metade do sécullo XIX prodúcense profundos cambios. Dende a caída do Imperio Napoleónico, a monarquía e a alta burguesía alíanse para conseguir a restauración dos valores do antigo réxime. Pero as revolucións percorren Europa movidas por distintas ideoloxías: socialistas, anarquistas, liberais e demócratas que loitan paraacabar cos privilexios das monarquías absolutas, que só beneficiaban á nobreza e ó clero. Paralelamente, o nacionalismo exténdese o longo do S. XIX. Con todo, o resultado final será un colonialismo agresivo que busca alén materias primas baratas para a revolución industrial coa escusa de “civilizar pobos salvaxes” onde non existía nin o capitalismo nin o proletariado.

Os movementosrevolucionarios do 48 contribúen á difusión das ideas democráticas en Europa: o sufraxio universal, una maior liberdade política e igualdade social. Os traballadores loitan nas revolucións liberais para conseguir reformas políticas que melloresn as súas condicións de vida ata que se fai notable que en realidade o liberalismo máis ben favorece á burguesía, que defende a liberdade do individuo fronte asimposicións da monarquía e a nobreza, pero impón un novo xeito de clasificar á cidadanía, xa non polo seu nacemento senón polos seus cartos. O voto é un dereito daqueles homes que teñen un nivel económico suficiente. Os demais, analfabetos, sucios e cheos de miseria, non teñen una dignidade que lles permita decidir como organizar o poder político que queda en mans dos burgueses.

A burguesía acumulacartos e inviste en maquinaria. Coa mecanización da producción prodúcese a revolución industrial e o modelo do capitalismo industrial imponse na sociedade. As cidades acollen as grandes industrias derredor das que se concentran as masas campesiñas que foxen da miseria do campo, buscando nas periferias dos centros industriais novos medios de sustento. Nace una clase social cada vez máis depauperada: oPROLETARIADO, cuxa miseria atopa una testemuña nas novelas de Balzac, Dickens e Tolstoi.

As duras condicións de vida da clase proletaria alimentan o seu enfrontamento coa burguesía. Os ideais que animaron a revolución francesa convértense nos obxectivos a alcanzar. Fúndase en Londres en 1864 a ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE TRABALLADORES para dar pulo e orientar a loita obreira, e acadar mellorescondicións de vida. Entre os principais representantes da organización está KARL MARX.

* CIENCIA NO SÉCULO XIX

Por un lado o desenvolvemento técnico propulsa á ciencia e por outro, o triunfo da burguesía fai ó saber independente das influenciaas do absolutismo e da relixión, e una nova mentalidade empírica, libre de supersticións e técnicas artesanais, imponse.

O resultado é un grandeavance en todas as ciencias, especialmente na matemática, física, bioloxía e medicina.

Como consecuencia da Revolución Industrial proliferan enfermedades infecciosas, resultado das aglomeracións de xente en pouco espacio, ou outras como o raquitismo e o escorbuto, resultado da mala alimentación. Ademáis, o desenvolvemento técnico e científico impulsa tamén o desenvolvemento da anestesia e acirurxía, así como da asepsia, as vacinas e os raios X.

En bioloxía descóbrense a célula, os mocroorganismos e as leis da herdanza de Mendel. Teoría da evolución de Darwin sacude as ciencias naturais, pero revoluciona tamén todas as ciencias sociais: a política, a socioloxía ou a relixión teñen que entender ó ser humano doutro xeito despois de saber que é un animal máis con antepasados común asdemais especies.

A tecnoloxía tamén avanza rápido: a locomotora, o avión, o fonógrafo, o teléfono … son inventos desta época que cambiarán a vida dos que poden empregalos.

* KARL MARX

Empezou a estudar dereito pero despois decidiuse por marchar a Berlín a estudar filosofía. A filosofía de Hegel convértese nunha referencia fundamental para Marx, que se une a esquerda Hegeliana, un...
tracking img