Max Planck, Autobiografía Científica Y Últimos Escritos

Páginas: 5 (1216 palabras) Publicado: 20 de octubre de 2012
1. Ficha bibliográfica.
Max Karl Ernest Ludwig Planck (Kiel, Alemaña, 23 de abril de 1858 - Gotinga, Alemaña, 4 de outubro de 1947) foi un físico alemán considerado como o fundador da teoría cuántica.
Na súa obra cóntasenos que dubidou á hora de elixir a súa orientación académica. Planck que non tiña interese en descubrir novos mundos senón en comprender os fundamentos da física, finalmentedecidiuse por esta materia. Baixo a tutela do profesor Jolly, Planck conduciu os seus propios experimentos (por exemplo sobre a difusión do hidróxeno a través do platino quente) antes de encamiñar os seus estudos cara á física teórica.
Máis tarde dinos que se dedicou pola súa conta ao estudo da obra de Rudolf Clausius, sobre os principios da termodinámica. Foi neste tema no que traballou parapreparar a súa tese de doutoramento, que levou por título «Über dean zweiten Hauptsatz der mechanischen Wärmetheorie» (Sobre o segundo principio da termodinámica); e poucos anos despois foi director da cátedra de Física Teórica.
En 1900 presentou na Sociedade Alemana de Física o seu traballo “Sobre a teoría da lei de distribución de enerxía no espectro normal”, o que para moitos marcou o nacemento damecánica cuántica. Por isto, concedéuselle o premio Nobel de Física de 1918.
Durante a súa vida, tal como conta el mesmo na súa autobiografía, dedicouse ao estudo das xa mencionadas: mecánica cuántica e física teórica, pero tamén ó estudo da entropía, introduciu a hipótese dos cuantos (relacionadas con isto atópase: a constante de Planck e a lei da radiación de Planck), e a teoría darelatividade (que lle creo un gran interese e na cal intentou buscar o Absoluto).
“Max Plank Autobiografía científica y últimos escritos” obra que conta con 160 páxinas, foi traducida por José Manuel Lozano-Gotor Perona. A súa primeira edición en castelán correu a mans da editorial “NIVOLA libros y ediciones S.L.” en novembro do 2000.

2. Argumentos, discusión e perspectivas teóricas do autor.
Max Planckpreséntanos, no libro que comento, a súa propia vida e algunhas das cuestións que lle preocuparon. No longo articulo «Autobiografía científica», explica o contacto que tivo cos seus mestres e como estes lle espertaron a súa vocación pola ciencia.
Desde moi novo fascinoulle a idea do Absoluto, entendendo por tal concepto a procura do que é constante, do que permanece, baixo as aparencias, nomundo da materia.
Un ano antes de morrer, en 1946, Planck pronunciou unha conferencia co título «Problemas aparentes da ciencia», na que tentou definir o que era un problema. Na devandita ocasión presentábanos unha serie de problemas e examinábaos pare ver se son aparentes ou non. A maioría deles están sacados do campo da ciencia, «porque nela os trazos estruturais dos mesmos resultan máisclaramente discernibles que en ningún outro ámbito».
A conferencia “Sentido e límites da ciencia exacta” e o artigo “O concepto de causalidade en Física” son extraordinariamente suxestivos. É tallante cando afirma que “non existe ningún principio de validez tan xeral e ao mesmo tempo tan rico en significado que poida ofrecer soporte suficiente á ciencia exacta”. E máis adiante engade que a priori“resulta absolutamente imposible outorgar á ciencia exacta un fundamento universal de contido definitivo e concluínte”.
O principio de causalidade afirma que todo suceso, calquera que sexa, pode deducirse causalmente. No fondo, afírmase que o mundo esta construído de tal modo que todo suceso non é máis nada que un exemplo dunha regularidade universal, que coñecemos co nome de lei. Dito doutra forma, unsuceso «está causalmente determinado se é posible predicilo con toda certeza». Todas as experiencias posibles lévannos a recoñecer que “non é posible en ningún caso predicir con exactitude un suceso físico”. Se nos atemos a esta proposición, que sosteñen bastantes físicos e filósofos, non existe na natureza auténtica causalidade nin regularidade. Causalidade e regularidade non son mais que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Max Planck
  • Max Planck
  • Max Planck
  • Max planck
  • max planck
  • Max Planck
  • Max Planck
  • max planck

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS