Meteorología

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 9 (2143 palabras )
  • Descarga(s) : 4
  • Publicado : 4 de marzo de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
METEOROLOXÍA E CLIMATOLOXÍA
Tempo e clima
A meteoroloxía é a ciencia que estuda os fenómenos que ocorren na atmosfera terrestre. Por outra banda, a climatoloxía é a ciencia que estuda a serie de estados atmosféricos que se suceden habitualmente nun determinado lugar. Está baseada no estudo dos datos meteorolóxicos.

O tempo atmosférico defínese como o estado no que se atopa a atmosferanunha área xeográfica concreta e nun determinado momento, mentres que o clima refírese ao conxunto de todas as variables atmosféricas desa mesma área durante un período de varios anos. A Organización Meteorolóxica Mundial definiu o clima como o conxunto flutuante de condicións atmosféricas caracterizado polos estados e a evolución no tempo, no curso dun período suficientemente longo e nun dominioespacial determinado.

En conclusión, o tempo e o clima son o resultado da actuación de:
· A radiación solar
· A atmosfera
· A esfericidade da Terra e os seus movementos
· As características da superficie terrestre
Estrutura e composición da atmosfera
A atmosfera é a envoltura gasosa que rodea totalmente a Terra. Esténdese aproximadamente ata 800 km da superficie, aínda que o seu límitesuperior non está perfectamente definido, xa que a súa densidade diminúe progresivamente coa altura, de xeito que nos primeiros 5 km concéntrase a metade da súa masa, e por debaixo dos 30 km atópase o 99%.


A atmosfera está organizada en capas de distinto grosor e propiedades:
· Troposfera.- É a capa máis próxima a superficie terrestre, na que se producen a maior parte dos fenómenosatmosféricos que inflúen no tempo. A súa altura varia entre os 18 km sobre o ecuador e 8 sobre os polos. Esta diferenza é debida a que o aire quente ocupa maior volume que o frío. Nesta capa a temperatura do aire diminúe coa altura.
A composición da troposfera é: 78% de nitróxeno, 21% osíxeno, 0,9% argón, 0,03% de dióxido de carbono e auga en cantidades e estado de agregación variables (vapor, pequenasgotas líquidas e cristais de xeo).
· Estratosfera.- Acada os 50 km de altura e nela o aire disponse en capas ou estratos horizontais, aumentando a temperatura coa altura e sen que haxa desprazamentos na vertical. Seguramente característica máis importante desta unidade é a presenza da capa de ozono (O3) que retén a maior parte dar radiación ultravioleta procedente do sol e que resulta altamenteperniciosa para os seres vivos.
Nesta capa desaparecen o vapor de auga e o CO2, diminúe a proporción de O2 e aumenta a de N2.
· Mesosfera.- Chega ata os 80 km. Nesta capa prodúcense movementos de aire de tipo turbulento e a temperatura descende coa altura.
· Termosfera ou Ionosfera.- Os átomos, debido a radiación solar, están ionizados. Sobre o contorno dos polos o grado de ionización é máximo, oque ocasionalmente maniféstase en forma de auroras.
· Exosfera.- É a capa máis externa, sen un límite definido. Contén moi pouco aire, predominando o hidróxeno e o helio.
A radiación solar


A enerxía que mobiliza todos os fenómenos atmosféricos é a radiación solar, pero a cantidade da mesma que chega ata a superficie terrestre varía en función da latitude ou da cobertura de nubes. Destexeito, o máximo de absorción conséguese no ecuador (75%) e o mínimo nos polos (5%) en función do co que os raios solares inciden sobre a superficie, por outra banda, a metade da radiación que chega ata a atmosfera pérdese por reflexión, absorción e dispersión; con ceos despexados pode chegar ata a superficie terrestre o 80% mentres que con ceos cubertos de nubes pode reducirse ata o 20%.

Efectoinvernadoiro
A maior parte de radiación solar que chega a superficie da Terra pertence ao espectro da luz visible, que é en gran parte absorbida e reemitida en forma de radiación infravermella, ou dito de xeito máis doado de entender, en forma de calor. Pero esta calor é retida na atmosfera polo CO2 e o vapor de auga. Deste xeito o CO2 compórtase como un filtro selectivo, que permite a...
tracking img