Movemento obreiro

Solo disponible en BuenasTareas
  • Páginas : 5 (1146 palabras )
  • Descarga(s) : 9
  • Publicado : 22 de enero de 2010
Leer documento completo
Vista previa del texto
MOVEMENTO OBREIRO EN ESPAÑA ATA A CRISE DA RESTAURACIÓN.
Ao longo do século XIX e comezos do XX desenvolveuse en España a revolución industrial, o capitalismo e a sociedade de clases. Estas transformacións movéronse no marco ideológico establecido polo liberalismo. O desenvolvemento esconómico da España liberal caracterizouse polo atraso con respecto aos países máis avanzados, pero o seu ritmocoincide co dos países latinos: crecemento lento e escaso no século XIX, que se acelera nas décadas iniciais do XX.
De acordo cos principios do liberalismo, as actividades económicas deben estar exclusivamente en mans dos particulares e o Estado non debe intervir nelas. A liberdade ecónomica debe ser absoluta. No caso de España, a aceptación do liberalismo fixo que se modificase a legislacióneconómica do Antigo Réxime e que se elaborásen novas leis.
Na nova sociedade de clases que se configuran paralelamente a industrialización, a conflictividade social foi moi importante, dando lugar ao nacemento de organizacións que litaron para conseguir melloras salariais e laborais para a clase traballadora. Obreiros e traballadores industriais e do campo foron organizándose e empreñando medidas deforza para reivindicar o que nin os patróns nin as leis lle concedían de bo grado. Para logralo, asociáronse formando o movemento obreiro.
As primeiras protestas obreiras en España aconteceron nas décadas de 1820 e 1830, en paralelo cos inicios da industrialización e a introducción de novas máquinas, sobre todo a de vapor.
Os obreiros reaccionaron, ante a perda do seu oficio, coa destrucción dasfábricas e das máquinas, ás que consideraban como as causantes do paro e da súa desgracia. Estas accións denominadas ludistas,( en lembranza de Ned Ludd, un obreiro textil inglés que se consideraba como o primeiro destructor de máquinas), iniciáronse en Levante(Alcoi,1821) e máis tarde en Cataluña co incendio en 1835 da fábrica de “El vapor” de Bonaplata, un dos primeiros empresarios en adoptar amáquina de vapor, como se amosa no DOC.1.
Este tipo de protestas continuaron durante décadas como actos puntuais e de escasa repercusión, xa que se trataba de movementos esporádicos materializados en actos violentos e destructivos.
Como medio mais eficaz de loita, os obrieros recoreon ás folias. Trátase dun acto de forza dos traballadores para, abandonalo traballo, tentar de conseguir dospatróns aumento de salarios, reducción da xornada laboral ou melloras nas condicións xerais nas que realizaron o traballo. A folga lévase a cabo cando as negociacións entre patróns e traballadores non consiguen poñer de acordo as dúas partes. Segundo os colectivos implicados, diferénciase a folga parcial (dun sector laboral), xeral (de todos od sectores dunha cidade ou dun país) e xeral revolucionaria,cando ás peticións de carácter laboral se suman os de cambio político.
O proletariado de novas fábricas forman asociacións para a defensa dos seus intereses e a coordinación da súa actuación fronte aos patróns. Nacen así os sindicatos por oficios.
En 1840 fundouse en Barcelona a Asociación de Protección Mutua de Tecedores de algodón, un dos primeiros gruposorganizados formados por proletarios.Pero en 1844, o goberno moderado proibiu este tipo de asociacións que volveran a ser autorizadas de novo en 1855, regresando así á masiva petición de máis de 33000 obreiros ás Cortes según se amosa no DOC.2. Con posterioridade a esta data volveran a ser prohibidas e permitidas en varias ocasións ata a definitiva autorización de todo tipo de asociacións en 1887.
Na segunda metade do século XIXapareceron novas ideologías que tiñeron unha fonda repercusión nos movementos sociais, hai que destacar: a)Anarquista, introducido en España a partir de 1868 por Guseppe Fanelli, amigo e discípulo de Batunin, o anarquismo tivo unha gran influencia no movemento obreiro español especialmente en Cataluña, Levante e Andalucía. O seu obxectivo é a transformación revolucionaria e total da sociedade...
tracking img